Educación y Sanidade impulsarán la FP en el ámbito sanitario a través de ciclos de dual con prácticas en el Sergas y proyectos de innovación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O acordo inclúe o fomento dos procesos de recoñecemento de competencias e de actualización dos docentes  
  • Román Rodríguez destaca o Centro Integrado de FP Montecelo como un exemplo na aposta polas ensinanzas nesta familia profesional  
  • Julio García Comesaña destacou a importancia que terá este acordo no desenvolvemento profesional do persoal do Sergas xa que, facilitará o seu acceso a unha titulación de formación profesional e, tamén, a convalidación de competencias

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron hoxe no Centro Integrado de FP Montecelo un acordo de colaboración para impulsar e potenciar a Formación Profesional no ámbito sanitario. O obxectivo é continuar impulsando a modalidade dual, ao tempo que se promove o recoñecemento de competencias adquiridas pola experiencia laboral, a actualización dos docentes e a innovación.

Tal e como explicou Román Rodríguez, a empregabilidade e prestixio social destas ensinanzas queda demostrada "na confianza das empresas nas respectivas familias empresariais, que atopan na FP a traballadores altamente cualificados". "Este acordo quere seguir avanzando no deseño dunha oferta de FP sanitaria axustada ás necesidades dos centros hospitalarios e de saúde de Galicia", declarou. Así mesmo, o titular do departamento da Xunta a destacou importancia de fortalecer os proxectos de innovación, "contribuíndo ao desenvolvemento de novos procesos tecnolóxicos e formativos para a súa futura integración no entorno empresarial sanitario".

Román Rodríguez quixo tamén felicitar ao CIFP Montecelo "por ser un dos centros de FP galegos que máis aposta pola innovación na familia profesional da Sanidade". "O Montecelo é un exemplo do esforzo extra que queremos realizar para que a FP sanitaria en toda Galicia continúe medrando e ofrecendo novas oportunidades para reforzar aos centros sanitarios de toda a Comunidade", salientou.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade destacou que ambas consellerías porán marcha procedementos para que o persoal do Sergas, en función da súa experiencia e formación, poida acreditar determinadas competencias profesionais.

Así, este recoñecemento de competencias será un instrumento importante no desenvolvemento profesional do persoal xa que, por unha parte, poderá facilitar o seu acceso a unha titulación de formación profesional -convalidando determinados módulos da mesma- e, por outra, o propio Sergas valorará as competencias recoñecidas como un instrumento de desenvolvemento e promoción dentro dos seus cadros de persoal.

FP Dual no Sergas e innovación

No que atinxe á FP Dual, ambos departamentos da Xunta comprométense a impulsar esta modalidade como medio para avanzar na especialización dos profesionais que desenvolvan a súa actividade laboral no ámbito sanitario.

 Entre outras medidas, promoverase a posta en marcha de ciclos e másteres de FP nesta modalidade nas que o alumnado poida realizar a formación práctica no Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ou noutros organismos dependentes da Consellería de Sanidade. Para iso, asiranse convenios específicos de colaboración.

Así mesmo, e co obxectivo de incrementar a transferencia de coñecemento entre os proxectos de innovación que realizan os centros de FP e as empresas do sector sanitario, promoverase o desenvolvemento de iniciativas neste ámbito. Poderán realizarse tanto deste os institutos e centros integrados como desde o Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros de Ourense.

Acreditación e actualización

Por outra banda, ao abeiro deste acordo a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades establecerá o procedemento que permita acreditar as competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral ou vías non formais de formación do persoal do SERGAS ou noutros organismos dependentes da Consellería de Sanidade, nas especialidades ou nos perfís profesionais que se concreten na correspondente convocatoria.

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade colaborará na formación e na actualización do profesorado nas técnicas e tecnoloxías que secan de interese. Tamén prestará apoio técnico e loxístico no programa de formación do profesorado e, máis concretamente, nas estadías en empresas para o profesorado de FP.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22116 {"title":"Educación y Sanidade impulsarán la FP en el ámbito sanitario a través de ciclos de dual con prácticas en el Sergas y proyectos de innovación","published_date":"2024-01-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/image\/image_gallery?img_id=2048021","id":"22116"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades;,educación,Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-01-29/22116-educacion-sanidade-impulsaran-fp-ambito-sanitario-traves-ciclos-dual-practicas-sergas-proyectos-innovacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.