El Sergas publica la relación definitiva de admitidos y la baremación provisional en el proceso de estabilización por concurso de méritos de diversas categorías de personal estatutario

  • Resultan admitidas un total de 2.050 persoas en diversas categorías de persoal sanitario non facultativo e persoal de xestión e servizos, para un total de 284 prazas

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se declaran con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e publícanse as puntuacións provisionais para o ingreso nas categorías de enfermeiro especialista en obstetricia-xinecoloxía, enfermeiro especialista en saúde mental, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en hixiene bucodental, celador, grupo auxiliar da función administrativa, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

Ofértanse, mediante o sistema de concurso de méritos, un total de 284 prazas para estas 10 categorías de persoal estatutario, das cales 6 prazas corresponden á categoría de enfermeiro especialista en obstetricia-xinecoloxía, 2 á categoría de enfermeiro especialista en saúde mental, 14 á de fisioterapeuta, 3 á de terapeuta ocupacional, 32 prazas á categoría de técnico superior en imaxe para o diagnóstico, 2 á de técnico superior en hixiene bucodental, 119 á categoría de celador, 102 á de grupo auxiliar da función administrativa, 2 prazas á de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e 2 prazas corresponden á categoría de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

A esta oferta de 284 prazas nas categorías indicadas, hai que sumar as 793 prazas ofertadas mediante o sistema de concurso-oposición para estas dez categorías de persoal estatutario que realizarán os exames de oposición no vindeiro mes de febreiro. 

No proceso de concurso de méritos resultaron admitidos, con carácter definitivo, un total de 2.050 aspirantes nestas dez categorías de persoal estatutario e 119 persoas excluídas.

As categorías con maior número de aspirantes admitidos son: grupo auxiliar da función administrativa (770), seguida de celador (752) e técnico superior en imaxe para o diagnóstico (182). As categorías con menor número de aspirantes son as de técnico superior e de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

As listas coa relación definitiva de admitidos e excluídos e a baremación provisional coa información que permitirá verificar a correcta aplicación do criterio de desempate establecido nas bases da convocatoria dos procesos selectivos, coa finalidade de dotar de transparencia o proceso, atópanse publicadas, á disposición dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Cada aspirante poderá consultar o estado da solicitude, ademais do número de orde e da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos/concurso de méritos.

Contra os resultados da baremación provisional, os aspirantes admitidos disporán dun prazo de reclamacións de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG (é dicir, do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos)

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
21987 {"title":"El Sergas publica la relación definitiva de admitidos y la baremación provisional en el proceso de estabilización por concurso de méritos de diversas categorías de personal estatutario","published_date":"2024-01-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"21987"} galicia C. de Sanidade,Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-01-25/21987-sergas-publica-relacion-definitiva-admitidos-baremacion-provisional-proceso-estabilizacion-concurso-meritos-diversas-categorias-personal-estatutario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.