Rueda anuncia que la Xunta eleva a nivel medio el Plan de Contaminación Marina Camgal

  • Traslada a “petición expresa” ao Goberno central de que se centre na recollida dos pellets no mar para evitar que os residuos de plásticos cheguen á costa

A Estrada (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego eleva a nivel medio o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Camgal) co obxecto de que o Goberno central actúe no mar para evitar deste xeito que máis pellets cheguen á costa. 

"Trátase de traballar e colaborar entre todos", defendeu o mandatario galego sobre esta medida que deu a coñecer na Estrada (Pontevedra), tras visitar esta mañá a praia de Espiñeirido, en Porto do Son (A Coruña), unha da praias ás que teñen chegado estes residuos. Precisamente, salientou que máis de 200 profesionais da Administración autonómica, en colaboración cos concellos, están levando a cabo de forma monitorizada a limpeza destes pequenos plásticos en praias de 33 concellos. "A Xunta traballa cos concellos na limpeza das praias, o que lle pedimos ao Goberno central é que colabore tamén", solicitou. 

O presidente galego lembrou que a Xunta activou o plan Camgal o 3 de xaneiro, no mesmo día que o Goberno central lle comunicou esta vertedura por parte do mercante Toconao fronte as costas de Portugal. No entanto, aclarou que decidiu agora elevalo a nivel medio por ser o "requisito" por parte do Executivo estatal para colaborar na recollida destes residuos de plásticos. "A Xunta non ten ningún problema en facelo", asegurou, pero fixo a "petición expresa" ao Goberno central de que leve a cabo os seus traballos e esforzos no mar —por ser onde ten competencias exclusivas— co obxecto de que, deste xeito, se impida que cheguen á costa "todos estes sacos que están no mar".

"Hai sacos que non chegaron ás costas e o momento de recollelos é agora que está no mar e as correntes destes días van facelo todo máis fácil", argumentou ao respecto, ao tempo que amosou o compromiso da Xunta en seguir traballando na recollida dos pellets e colaborando cos concellos, e incrementar os esforzos neste eido se é necesario.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
21576 {"title":"Rueda anuncia que la Xunta eleva a nivel medio el Plan de Contaminación Marina Camgal","published_date":"2024-01-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"21576"} galicia A Presidencia da Xunta,medio ambiente https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-01-09/21576-rueda-anuncia-xunta-eleva-nivel-medio-plan-contaminacion-marina-camgal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.