El delegado territorial de la Xunta en Ourense participa en la presentación de la Gladiator kids
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Ourense, 11 de outubro de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da Gladiator Kids, que terá lugar o 14 de outubro en Muíños, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos con diferentes distancias e obstáculos.
Trátase da última proba que organiza este ano a Deputación Provincial no marco do convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, para a dinamización turística da provincia de Ourense.
A carreira de carácter non competitivo para os nenos de entre 3 a 11 anos irá dos 500 aos 1500 metros segundo a idade e terán que realizala acompañados por un adulto. Ás 17.00 horas, será a quenda para os participantes de entre 12 e 15 anos que competirán en equipos mixtos nun percorrido de máis de 3 km con 15 obstáculos no parque de O Corgo, e contará o tempo do cuarto integrante, porque haberá premios para os tres mellores.