Agustín Reguera visita Amencer-Aspace y destaca la importancia de la colaboración entre la Xunta y esta asociación

Imagen del artículo Agustín Reguera visita Amencer-Aspace y destaca la importancia de la colaboración entre la Xunta y esta asociación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a colaboración entre a asociación e a Xunta como algo imprescindible para manter o bo funcionamento de AMENCER-ASPACE  
  • A Xunta contribuíu con preto de 600.000 euros nos centros de Vilagarcía e Pontevedra  

Pontevedra, 10 de outubro de 2023 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións de Amencer-ASPACE, xunto á xefa territorial de Política Social, Ángeles Rouco, e ao xefe de servizo de dependencia da xefatura territorial de política social, José Ignacio Martínez.

Tras o recibimento por parte do presidente de Amencer-ASPACE, Carlos Godoy, Reguera comprobou de primeira man o excepcional traballo que se leva a cabo no centro, que diariamente atende a decenas de persoas con parálise cerebral. Durante a visita, os responsables do centro fixeron fincapé na gran importancia da colaboración coa Xunta de Galicia e mostráronse agradecidos pola axuda prestada ao longo dos anos.

Neste sentido, a Xunta ven de conceder no mes de febreiro unha axuda de dous millóns de euros ao centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace en Vilagarcía de Arousa, para aumentar as súas prazas do centro de día e da atención residencial. Ademais, no 2022, os centros de Vilagarcía de Arousa e Pontevedra puideron financiar 43 prazas de atención, coidado e transporte de nenos con parálise cerebral y outros trastornos neuromotores, grazas a unha achega da Xunta de case 600.000 euros.

De cara aos pacientes que atenden, dende Amencer-ASPACE destacan a necesidade de ofrecer unha "atención temprana", que na maioría dos casos é diferencial no avance e na autonomía das persoas con parálise cerebral. En total, a asociación atende a máis de 65 pacientes, dos cales preto de 50 reciben atención no local de Lourizán.

A primeira parada da visita foi na Rede Cidadanía Activa, unha iniciativa na que participan varios usuarios do centro e que ten como obxectivo fomentar a participación social das persoas con parálise cerebral como cidadáns de pleno dereito que deben ser consultados e tidas en conta. Neste sentido, a asociación Amencer-ASPACE fai un gran esforzo na concienciación social e no traballo directo cos usuarios deste centro para mellorar a súa independencia e autoestima.

Ademais, Reguera puido visitar o centro de día, que actualmente conta con 9 prazas públicas; a Sala Snoezelen, un espazo multisensorial con elementos interactivos deseñados para estimular os sentidos; o colexio de educación especial que conta con 13 alumnos; e o Centro de atención temprana e rehabilitación externa.

O delegado territorial quixo agradecer "o excelente traballo" de todos os que colaboran con esta asociación que "presta unha axuda tan importante a tantas familias". Ademais, asegurou que "dende a Xunta somos conscientes de que a colaboración coas asociacións que traballan de primeira man cos pacientes é fundamental. Vos sodes os que coñecedes, mellor que ninguén, as necesidades das persoas con parálise cerebral e por iso seguiremos colaborando como vimos facendo ata agora".

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
19043 {"title":"Agustín Reguera visita Amencer-Aspace y destaca la importancia de la colaboración entre la Xunta y esta asociación","published_date":"2023-10-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/47267-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"19043"} galicia Benestar,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-10-10/19043-agustin-reguera-visita-amencer-aspace-destaca-importancia-colaboracion-xunta-asociacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.