Ana Ortiz y Lete Lasa destacan la Semana Azul como "instrumento ideal" para difundir el alto valor social y cultural de las actividades náuticas

Imagen del artículo Ana Ortiz y Lete Lasa destacan la Semana Azul como instrumento ideal para difundir el alto valor social y cultural de las actividades náuticas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta e o secretario xeral para o Deporte participaron este xoves na presentación da cuarta edición do evento que organiza o Clúster Náutico Ría de Vigo
  • O evento celebrarase entre o 30 de setembro e o 8 de outubro en distintos escenarios das augas viguesas para unir deporte, cultura e tradición  

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron este xoves na presentación da IV Semana Azul que organizará o Clúster Náutico Ría de Vigo desde o 30 de setembro ao 8 de outubro. Os representantes autonómicos destacaron a iniciativa como un "instrumento ideal" para difundir o alto valor social e cultural das actividades náuticas.

Nun acto celebrado no Edificio de Sesións do peirao de Transatlánticos e acompañados pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e polo presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, foi presentada a cuarta edición dun evento no que os asistentes poderán gozar de experiencias únicas na ría de Vigo, que van desde cruceiros guiados ata actividades de iniciación a distintos deportes, charlas e exposicións.

"Estamos ante unha excelente actividade e un instrumento ideal para difundir a nosa relación co mar, unha canle extraordinaria para o intercambio cultural no noso territorio", destacou Ana Ortiz durante a súa intervención. Pola súa banda, José Ramón Lete incidiu "na importancia das actividades náuticas como parte esencial para o desenvolvemento social e económico de Galicia, o que ten a súa replica no ámbito deportivo".

O programa da IV Semana Azul permitirá aos participantes aprender elaboracións no showcooking, pero taménpracticar snorkel nas Islas Cíes ou visitar o observatorio submarino Nautilus, o Hidria II ou barco Peregrina da Armada Española. Ademais, para fomentar a concienciación ambiental, Ecoembes ofrecerá charlas de formación e concienciación en colaboración coa Semana Azul e instalaranse distintas exposicións gratuítas de temática mariña nas instalacións da Estación Marítima de Vigo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
18289 {"title":"Ana Ortiz y Lete Lasa destacan la Semana Azul como \"instrumento ideal\" para difundir el alto valor social y cultural de las actividades náuticas","published_date":"2023-09-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/42182-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"18289"} galicia deporte,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-09-14/18289-ana-ortiz-lete-lasa-destacan-semana-azul-como-instrumento-ideal-difundir-alto-valor-social-cultural-actividades-nauticas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.