La Xunta presenta en Ourense la campaña Mercar no teu comercio ten premio

Imagen del artículo La Xunta presenta en Ourense la campaña Mercar no teu comercio ten premio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial presentou esta mañá unha nova edición desta campaña, impulsada pola Administración autonómica e a Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense e diferentes asociacións da provincia

Ourense, 7 de setembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá a campaña Mercar no teu comercio ten premio, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense, asociacións de comerciantes locais e os concellos do Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, Castro Caldelas e Maceda.

O delegado territorial explicou que esta é a segunda edición desta campaña, que busca reactivar o consumo e achegar ao consumidor os establecementos locais, poñendo en valor o comercio de proximidade ourensán.

En cada unha destas vilas levaranse a cabo campañas dunha semana de duración. Os tickets das compras realizadas durante ese tempo poderán canxearse o día final da campaña por boletos para participar nun sorteo en directo de premios. En total, serán 1.000 euros por localidade, en forma de tarxetas prepago para volver mercar, co que repercutirán de novo no comercio minorista local. Realizaranse tamén diferentes iniciativas de animación para completar a campaña.

Mercar no teu comercio ten premio está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e a Federación Galega de Comercio; coa colaboración de Abanca, as federacións provinciais de comercio e distintas asociacións de comerciantes de toda Galicia. Enmárcase dentro do impulso da Administración autonómica do tecido asociativo do sector, con especial atención a diferentes iniciativas de dinamización.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
18105 {"title":"La Xunta presenta en Ourense la campaña Mercar no teu comercio ten premio","published_date":"2023-09-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/40970-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"18105"} galicia comercio,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-09-07/18105-xunta-presenta-ourense-campana-mercar-teu-comercio-ten-premio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.