Trenor visita el autobús promocional de la 17 edición de la campaña Outono Gastronómico con 79 casas rurales adheridas

Imagen del artículo Trenor visita el autobús promocional de la 17 edición de la campaña Outono Gastronómico con 79 casas rurales adheridas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado da Xunta presentou hoxe na Coruña a 17 edición deste programa que se iniciará o 16 de setembro e rematará o 17 de decembro
  • No autobús haberá un xogo de ruleta dixital que permite interaccionar co público, facilitando cada día dous premios de fin de semana Outono Gastronómico e 1.800 plantas de carballo autóctono  

A Coruña, 1 de setembro de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou, esta mañá, o autobús promocional de presentación da campaña Outono Gastronómico na súa xa 17 edición, na que se ofertan máis de 150 propostas diferentes en establecementos de turismo rural galegos e que se desenvolverá entre os días 15 de setembro e 17 de decembro de 2023.

Hoxe o autobús promocional da campaña tivo a súa parada na Coruña e seguirá ruta xa que está percorrendo as principais praias da costa galega, ata o 5 de setembro, coa finalidade de captar o turismo estival para futuras viaxes outonais a Galicia.

No autobús promocional hai un xogo de ruleta dixital que permite interaccionar co público, facilitando cada día dous premios de fin de semana Outono Gastronómico, e 1.800 plantas de carballo autóctono para vencellar o turismo rural co coidado e valorización do patrimonio natural de Galicia.

Cada persoa que se achega ao bus e participa nos sorteos e se convirte nun colaborador da difusión da campaña xa que debe subir unha fotografía do bus ás súas redes sociais, etiquetando a Turismo de Galicia.

Segundo explicou  Trenor, esta campaña é unha aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turística despois da época estival. Neste senso, destacou que "o éxito obtido nas edicións anteriores consolida este programa como unha proposta ben contrastada e demandada polo público e polas casas rurais de Galicia" Así, engadiu, que "neste ano 2022, dado o gran éxito de afluencia turística na etapa estival na que se alcanzaron récords de ocupación, se prevé unha gran demanda nesta nova edición do Outono Gastronómico".

Para o delegado da Xunta, a campaña que conta con 79 casas rurais adheridas en Galicia, das cales 27 están ubicadas na provincia da Coruña, é unha boa proba de que a colaboración público-privada no ámbito do sector turístico xera riqueza para o territorio e contribúe a dinamizar a nosa gastronomía e á promoción de produtos como os viños e os licores tradicionais da nosa comunidade.

Modalidades e programa de fidelización

O programa Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia permite gozar dun menú así como contar co aloxamento aproveitando a gastronomía que presenta cada establecemento. Así, contémplase desde a posibilidade de cear nun dos establecementos adheridos ao programa (Menú Outono Gastronómico) a un fin de semana outono gastronómico (Paquete ou Fin de Semana Outono Gastronómico).

Tamén se ofrece o Outono plus, co que algunha das casas participantes, ademais da restauración e o aloxamento, porán á disposición dos seus clientes distintas outras actividades complementarias como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, entre outros.

Toda a información sobre a campaña, establecementos adheridos e modalidades pode consultarse na web de Turismo de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
18004 {"title":"Trenor visita el autobús promocional de la 17 edición de la campaña Outono Gastronómico con 79 casas rurales adheridas","published_date":"2023-09-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/39115.webp","id":"18004"} galicia transporte,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-09-01/18004-trenor-visita-autobus-promocional-17-edicion-campana-outono-gastronomico-79-casas-rurales-adheridas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.