La Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en San Cibrao das Viñas (Ourense)

  • O lume afectou 0,41 hectáreas de superficie rasa e foi provocado durante os traballos de roza sen as medidas de seguridade necesarias

Ourense, 25 de agosto de 2023 Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado martes, 22 de agosto, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. O lume afectou 0,41 hectáreas de superficie rasa.    

A investigación puxo de manifesto, tras a inspección ocular da superficie afectada, que o incendio foi provocado durante os traballos de roza, sen as debidas medidas de seguridade necesarias á hora de realizala nesta época do ano.  

Na extinción do lume participaron 1 axente, 5 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ourense. No que vai de ano, leva  investigadas 19 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
17850 {"title":"La Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en San Cibrao das Viñas (Ourense)","published_date":"2023-08-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"17850"} galicia forestal,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-08-25/17850-policia-autonomica-esclarece-incendio-forestal-san-cibrao-das-vinas-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.