La Xunta amplía el nivel de alerta a nivel 2 por episodio de calor a toda la provincia de Lugo y de Ourense y al interior de la provincia de A Coruña

  • Na xornada do mércores a zona de Valdeorras permanecerá en nivel de alerta máxima como este martes. Pola contra, as zonas do litoral da Coruña e Pontevedra pasarán a nivel 1 de alerta, debido á redución das temperaturas nocturnas
  • A Consellería de Sanidade recorda a necesidade de seguir as recomendacións sanitarias e de extremar as precaucións no caso das persoas susceptibles, tales como persoas maiores, sobre todo quen presente dificultade de mobilidade ou estea encamado, nenos e nenas de corta idade, mulleres embarazadas ou persoas con problemas cardiovasculares

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023 A Xunta de Galicia, a través do seu Comité Permanente de Coordinación, no marco das Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, aumenta o nivel de alerta a nivel 2 (laranxa) na zona isotérmica do Interior da Coruña e nas provincias de Lugo e Ourense, continuando en nivel 3 a zona de Valdeorras.

Por tanto, para a xornada deste mércores os niveis de alerta sanitaria serán:
 
Nivel 3 (vermello)
 
Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
 
Nivel 2 (laranxa)
 
Toda a provincia de Lugo.
Toda a provincia de Ourense.

Interior da Coruña: Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Nivel 1 (amarelo)
 
Resto de Galicia.

Segundo a previsión meteorolóxica facilitada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (MeteoGalicia), mañá mércores seguirá sendo un día con máximas por riba dos 40 ºC no Miño de Ourense e Valdeorras e dos 34 ºC na gran parte de Galicia. O xoves as temperaturas iniciarán o descenso, sobre todo as máximas, soamente superándose os 36 ºC en puntos da provincia de Ourense, rematando a semana cun progresivo descenso.

Tal e como indican as Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, a Dirección Xeral de Saúde Pública, no seu labor de coordinación, comunica a situación de alerta ao Servizo Galego de Saúde, ao Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e á Consellería competente en Política Social e Xuventude para a activación dos seus protocolos específicos.

Efectos sobre á Saúde

A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde como mareo, cansazo, debilidade, fatiga, cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor.

A gravidade dos trastornos producidos polo exceso de calor vai desde os leves, como edemas nas extremidades, as cambras ou o esgotamento, ata a forma máis grave, que é o golpe de calor.

O esgotamento pola calor prodúcese logo de varios días de calor. Os principais síntomas son sudación excesiva, dor de cabeza, debilidade, fatiga, mareos, náuseas e desmaio.

As cambras musculares do abdome e das extremidades son debidas á perda de sales e electrólitos. Prodúcese cando se súa moito, habitualmente durante una actividade física intensa.

Pola súa parte, o golpe de calor aparece cando o organismo perde o control da temperatura corporal que sobe por riba dos 39 °C, provocando dano no sistema termorregulador, cun alto risco de mortalidade. Os síntomas son redución ou cesamento da sudación (síntoma precoz), cefalea, mareo, confusión, taquicardia, pel quente e seca, inconsciencia e convulsións. Neste caso deberase chamar inmediatamente ao 061 e intentar baixar a temperatura con panos fríos humedecidos.

Terase especial vixilancia coas persoas vulnerables, como as persoas maiores e os nenos e nenas moi pequenos, así como as persoas que padecen patoloxías cardiovasculares.

Recomendacións

Recordamos as recomendacións a seguir de forma xeral:

Beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.

Evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucradas.

Evitar comidas copiosas e aumentar o consumo de verduras e froitas.

Usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire.

No interior dos edificios permanecerase, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, se é posible, utilizaránse ventiladores ou aire acondicionado, .

Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.

No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin a ningún animal de compaña.

Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e as primeiras da tarde). Asemade, Sanidade sinala que nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible, e nunca inferior a quince.

Recorde que, si ten parentes ou veciños que vivan sos, é conveniente facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoitan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
17804 {"title":"La Xunta amplía el nivel de alerta a nivel 2 por episodio de calor a toda la provincia de Lugo y de Ourense y al interior de la provincia de A Coruña","published_date":"2023-08-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"17804"} galicia C. de Sanidade;,medio ambiente,Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-08-22/17804-xunta-amplia-nivel-alerta-nivel-2-episodio-calor-provincia-lugo-ourense-interior-provincia-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.