A Xunta investirá preto de 200.000 euros na instalación de tres caldeiras de biomasa nos centros de saúde de Cerdido, Cedeira e San Sadurniño

Imagen del artículo A Xunta investirá preto de 200.000 euros na instalación de tres caldeiras de biomasa nos centros de saúde de Cerdido, Cedeira e San Sadurniño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial, Martina Aneiros, avanzou que este investimento se inclúe no contrato valorado en 1,5 M€ que a Consellería de Sanidade acaba de sacar a licitación e que introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde galegos
  • As actuacións enmárcanse nun acordo de colaboración entre o Sergas e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e alíñanse coa Estratexia de Economía Circular  

A Xunta de Galicia acaba de sacar a licitación un lote de obras para introducir enerxías renovables nos centros de saúde galego valorado en 1,5 M€. Dentro do mesmo está incluída a instalación de caldeiras de biomasa por importe de 194.174 euros en tres centros de saúde da Área Sanitaria de Ferrol, tal e como anunciaron hoxe a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o xerente do Área Sanitaria, Ángel Facio, durante unha visita ás instalacións sanitarias de Cerdido.

Na visita, na que tamén estivo presente a subdirectora de Atención Primaria da área de Ferrol, Marián Trueba, Aneiros adiantou que as obras acometeranse nos centros de saúde de Cerdido, onde se prevé un investimento de 48.062 euros; San Sadurniño, cuxo custo ascenderá a 54.235 euros, e Cedeira, por valor de 91.877 euros, tal e como consta no prego de condicións.

Pola súa banda, o xerente da Área Sanitaria apuntou que este contrato materialízase a través dun acordo entre o Sergas e o Inega, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que promove a través da Axenda Enerxética Galicia 2023 a integración de enerxías renovables en edificios públicos e facilita o seu cofinanciamento polo programa operativo FEDER Galicia 2017-2020, dentro da súa actuación de fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables na administración xeral da comunidade autónoma e no sector público autonómico.

"Estas actuacións correspóndense á aposta do Goberno galego polas enerxías renovables e a economía circular, na que se implican distintos departamentos da Xunta e na que se integra tamén a sanidade pública galega", sinalou Aneiros. A este respecto, a delegada lembrou que o pasado mes de xuño o Sergas aprobou tamén a súa Estratexia de Economía Circular que leva a política de redución de residuos, reutilización de materiais e reciclaxe á sanidade pública e centra un dos seus eixos na minimización do consumo de combustibles fósiles.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
17483 {"title":"A Xunta investirá preto de 200.000 euros na instalación de tres caldeiras de biomasa nos centros de saúde de Cerdido, Cedeira e San Sadurniño","published_date":"2023-08-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/36351.webp","id":"17483"} galicia Sanidade,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-08-03/17483-xunta-investira-preto-200-000-euros-na-instalacion-tres-caldeiras-biomasa-nos-centros-saude-cerdido-cedeira-e-san-sadurnino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.