El alumnado de la 15ª promoción de Policía Local formada en la Agasp realiza esta semana prácticas en el ayuntamiento de O Porriño

Imagen del artículo El alumnado de la 15ª promoción de Policía Local formada en la Agasp realiza esta semana prácticas en el ayuntamiento de O Porriño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiron hoxe a preto dun cento de axentes desta promoción que estes días coñecen o funcionamento diario das patrullas de Policía Local
  • A preparación nestas xornadas supón un avance da formación práctica que recibirán este verán nos seus concellos de orixe
  • A Agasp consolídase cada ano como centro de referencia na formación dos corpos e forzas de seguridade, así como de servizos de emerxencia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe no Porriño xunto co alcalde Alejandro Lorenzo aos 78 integrantes da 15ª promoción de Policía Local que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Desde onte e ata mañá, o alumnado está a coñecer de primeira man como traballan os axentes da patrulla de Policía Local do municipio porriñés.  

Trátase dun primeiro contacto coa actividade ordinaria dos axentes deste corpo de seguridade, antes de que comecen as súas prácticas este verán nos seus concellos de orixe. De feito, este mesmo venres remata a primeira parte da formación teórica na Academia, durante a época estival realizarán a parte práctica e en setembro volverán ás aulas a rematar a parte teórica e graduarse antes de tomar posesión.  

Santiago Villanueva reafirmou o compromiso de colaboración da Xunta cos concellos galegos na selección e formación dos membros da Policía Local e puxo en valor que a AGASP é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade con máis 3.000 alumnos en 15 promocións de Policía Local e nas distintas promocións de categorías de mandos.

Cada semana pasan tamén polas instalacións centos de efectivos de forzas e corpos de seguridade e de servizos de emerxencias da comunidade para actualizar os seus coñecementos nos cursos do plan de formación continua da Academia.
"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
16478 {"title":"El alumnado de la 15ª promoción de Policía Local formada en la Agasp realiza esta semana prácticas en el ayuntamiento de O Porriño","published_date":"2023-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/1957672.webp","id":"16478"} galicia Emerxencias,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-06-20/16478-alumnado-15-promocion-policia-local-formada-agasp-realiza-semana-practicas-ayuntamiento-porrino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.