A Xunta adxudica por máis de 1,2 M€ as obras para a mellora de 32 paradas de autobús na estrada AC-552 ao paso polos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Trátase da primeira das accións previstas en máis de 1.100 paradas das vías autonómicas co fin de mellorar a súa seguridade e accesibilidade, cun investimento global de arredor de 35 millóns de euros
  • A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar estas obras ao longo desta estrada autonómica na primavera, cun prazo de execución de 12 meses
  • A Xunta ten como obxectivo fomentar o acceso ás cidades en transporte público, dotando as paradas de autobús de maior seguridade e accesibilidade, instalando marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático
  • Mellorarase a accesibilidade para peóns e persoas con mobilidade reducida e reforzarase a seguridade das paradas, tamén con perspectiva de xénero, coa eliminación de vexetación, a mellora da visibilidade e iluminación na súa contorna

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 1.255.000 euros as obras para mellorar 32 paradas de autobús na AC-552 ao seu paso polos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Cernadas, S.L., céntranse na mellora da seguridade e da accesibilidade das 32 paradas de autobús situadas ao longo de 15 km desta vía autonómica, nestes tres concellos.

 

As obras, que necesitan expropiacións, prevén comezarse na primavera e teñen un prazo de execución de 12 meses.

 

As actuación proxectadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta suporán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis.

 

Trátase da primeira das actuacións enmarcadas no programa da Xunta para actuar en máis de 1.100 paradas de autobús en estradas autonómicas co fin de mellorar a súa seguridade e accesibilidade, o que suporá un investimento global de arredor de 35 millóns de euros.

 

A iniciativa forma parte do Plan de infraestruturas para unha mobilidade segura, verde e intelixente da Xunta de Galicia.

 

As actuacións terán financiación dos fondos MRR do programa Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e, previsiblemente, tamén con fondos FEDER 21/27.

 

O detalle das obras

No marco destas intervencións, en primeiro lugar, revisarase se a localización da parada é a axeitada. A localización óptima destas infraestruturas é en tramos rectilíneos e con visibilidade, en treitos nos que a pendente da estrada sexa menor, próximas aos itinerarios accesibles e en zonas iluminadas.

 

Os traballos que se acometerán nas paradas consistirán en melloras do equipamento, como a dotación de marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático.

 

Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.

 

As obras incluirán medidas de seguridade, tamén con perspectiva de xénero, procedendo á eliminación de vexetación, á mellora da visibilidade e da iluminación ou á ampliación do espazo ao redor das paradas.

 

Ademais, as intervencións prevén o reforzo da información e da sinalización, colocando planos de situación e percorridos ou sinais indicativos das paradas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/02/2023
12471 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 1,2 M€ as obras para a mellora de 32 paradas de autobús na estrada AC-552 ao paso polos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo","published_date":"2023-02-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"12471"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade;Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-02-07/12471-xunta-adxudica-mais-1-2-m-as-obras-mellora-32-paradas-autobus-na-estrada-ac-552-ao-paso-polos-concellos-da-laracha-arteixo-e-carballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.