A Xunta investirá preto de 360.000 € na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na AC-444 na zona do Seilán, na Baña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ethel Vázquez adianta que nos vindeiros días se iniciará a supervisión técnica do proxecto para poder sometelo a información pública o antes posible
- Executarase un itinerario peonil continuo, renovando e ampliando as beirarrúas existentes, executando novos treitos ou dispoñendo senda de formigón
- Actuarase en ambas as marxes da estrada nunha lonxitude de preto de 900 metros
- A intervención atende as solicitudes municipais de canalización de abastecemento e de duplicar a condución de saneamento co fin de eliminar os vertidos cara á vía
- A titular de Infraestruturas destaca o traballo da Xunta pola mellora da rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, cun investimento de case 300.000 € no concello da Baña

A Coruña, 4 de febreiro de 2023 A Xunta investirá preto de 360.000 euros na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na estrada AC-444 ao seu paso municipio da Baña, concretamente no lugar do Seilán.
Ethel Vázquez puxo en valor o traballo do Goberno galego para manter en boas condicións de seguridade e de comodidade a rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, que supuxeron un investimento de preto de 300.000 € só no concello da Baña.