Proxecto de decreto polo que se regula a creación da rede de dinamización da cultura no rural de Galicia, Rede Adival, e se regula o seu funcionamento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Cultura
Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Inicio da tramitación: 30/05/2025
este decreto encádrase no contexto da nova Lei 3/2024 para dar cumprimento aos obxectivos, principios e liñas de actuación definidas. Preténdese potenciar a oferta e o acceso á cultura no rural de Galicia partindo dunha estratexia de cooperación e colaboración dos poderes públicos galegos con entidades sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actuacións no rural.
O obxecto do decreto é a creación da Rede de Dinamización da Cultura no Rural de Galicia, Rede Adival, así como a regulación do seu funcionamento.
A Rede Adival concíbese como a estrutura de recursos organizada e coordinada pola consellería competente en materia de cultura, da que poderán formar parte as entidades culturais privadas sen ánimo de lucro, e ten como obxectivo dinamizar a actividade cultural no territorio rural de Galicia. Preténdese conectar ás entidades culturais e á Xunta de Galicia nunha rede de carácter voluntario que permita aumentar exponencialmente a oferta cultural de calidade no rural de Galicia.
Estado actual: En prazo de envío de suxestións
Prazo para remitir suxestións: 07/07/2025 - 28/07/2025
Suxestións recibidas: 3