Decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 01/07/2025 - 01/08/2025

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Sobre a base das competencias autonómicas en materia de ordenación do territorio e do litoral (artigo 27.3 do EAG) aprobouse a Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

    Esta lei define por vez primeira o litoral de Galicia como unha franxa de largura variable a ambos os dous lados da beira do mar, na que se produce a interacción entre a natureza, as comunidades humanas e as actividades socioeconómicas que se sustentan na existencia ou na influencia do mar. Esta franxa esténdese cara ao interior ata o límite administrativo dos concellos costeiros ou, de o superar, o límite interior dos espazos naturais protexidos que radiquen neles; e mar a fóra, ata o límite exterior do mar territorial, ben que exclusivamente para o exercicio das competencias que o Estatuto de autonomía recoñece explicitamente neste medio ou ás que deban realizarse no mar pola natureza da competencia, tal e como resulta da interpretación do bloque da constitucionalidade.

    Os fins perseguidos pola lei están en íntima conexión coas ideas xa expostas: a consideración do litoral como unha entidade continua e única; a xestión responsable dos recursos naturais; a protección do medio ambiente; a prevención e a redución dos efectos dos riscos naturais; a protección, a conservación e a mellora da calidade das augas do litoral de Galicia; a tripla dimensión da sostibilidade: ambiental, económica e social, que orienta a ordenación do litoral; a cohesión social e a mellora da calidade de vida da poboación do litoral de Galicia; o apoio aos sectores produtivos mediante accións que favorezan o mantemento das poboacións litorais que viven do mar e garantan o desenvolvemento das súas actividades por medio da explotación sostible, equilibrada e responsable dos recursos; o impulso dun turismo litoral diversificado, desestacionalizado e de calidade; a protección, a conservación e a mellora do patrimonio cultural do litoral; ou o fomento da cultura do litoral, a través de accións de sensibilización, divulgadoras e de formación da sociedade galega; a preservación e a recuperación das zonas costeiras, da súa diversidade e das súas especies protexidas,así como dos seus sistemas ecolóxico, xeomorfolóxico e hidrolóxico; e a coherencia entre as iniciativas das distintas entidades públicas e privadas, priorizando sempre aquelas que teñan como obxectivo a conservación, a recuperación e a protección públicas.

    En coherencia co anterior, o artigo 3 da lei establece entre os seus fins: a protección, a conservación e a mellora do patrimonio cultural do litoral a través de accións orientadas á súa posta en valor, á súa recuperación e á súa rehabilitación; e o artigo 58 da mesma norma establece que:

    De conformidade cos fins establecidos no artigo 3 desta lei, as administracións públicas promoverán a protección, a conservación e o acrecentamento do patrimonio cultural do litoral, a través de accións orientadas á súa posta en valor, á súa recuperación e á súa rehabilitación.

    Nos termos establecidos na normativa de costas, aos bens declarados de interese cultural ou catalogados que se atopen situados no dominio público marítimo-terrestre, na zona de servidume de tránsito, de servidume de protección ou de influencia aplicaránselles as medidas derivadas do devandito réxime con preferencia ás contidas na normativa de costas.

    Así mesmo, nos núcleos que fosen obxecto dunha declaración de conxunto histórico, zona arqueolóxica, lugar de valor etnolóxico ou sitio histórico serán aplicables as medidas derivadas do devandito réxime con preferencia ás contidas na normativa de costas, sempre que se aprobase o plan correspondente conforme o previsto na normativa do patrimonio cultural de Galicia.

    3. Cando os bens de interese cultural ou catalogados estean situados no dominio público marítimo-terrestre, quen pretenda o seu uso privativo deberá obter o título habilitante previsto no artigo 48 desta lei, que recollerá no conxunto das súas cláusulas as obrigas que a lexislación do patrimonio cultural impón aos posuidores dos bens.

    Porén, cando a declaración ou a catalogación se promovan sen existir manifestación de interese no aproveitamento privativo do ben, a consellería competente en materia de patrimonio cultural impulsará a subscrición dun convenio de colaboración coa Administración xeral do Estado, titular do ben, para os efectos de establecer un réxime concertado de protección. Ata a subscrición do convenio, correspóndelle á persoa titular do ben cumprir as obrigas derivadas da lexislación do patrimonio cultural.

    4. Cando os bens de interese cultural ou catalogados estean situados na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, a declaración de interese cultural ou a catalogación non eximirá da obtención da autorización autonómica ou do réxime de declaración responsable regulados no artigo 49 e rexerase en todo o demais pola normativa do patrimonio cultural de Galicia.

    5. Cando se trate de bens declarados de interese cultural ou catalogados con anterioridade á entrada en vigor desta lei, os cambios de uso substanciais deberán ser autorizados pola consellaría competente en materia de patrimonio cultural para os efectos de verificar que as intervencións requiridas polo novo uso non poñen en perigo os valores que aconsellaron a súa protección.

    6. Sobre todos os bens de interese cultural e catalogados do litoral poderán realizarse as intervencións que correspondan ao seu nivel de protección, de entre as previstas na normativa do patrimonio cultural de Galicia, incluídas as de ampliación en planta, con carácter complementario a unha actuación de rehabilitación, en volumes diferenciados e sempre que resulten imprescindibles para desenvolver o uso proposto.

    Non se considerará aumento de volume a reconstrución destinada a completar un estado previo dos bens arruinados utilizando partes orixinais deles cuxa autenticidade e posición orixinal se poidan acreditar.

    7. Nos termos da alínea 3 do artigo 2, as actuacións no espazo mariño do litoral que poidan afectar o patrimonio cultural subacuático de Galicia estarán suxeitas ao réxime de intervención da consellaría competente en materia de patrimonio cultural establecido na normativa do patrimonio cultural de Galicia.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Para posibilitar o aplicación do disposto no exposto artigo 58 da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, a disposición adicional sexta da norma establece que o Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de medio ambiente, logo do informe favorable do departamento competente en materia de patrimonio cultural, aprobará un catálogo de bens de valor cultural no litoral, sobre os que se poderán promover as actuacións estratéxicas recollidas no devandito artigo 58.

    O catálogo deberá incluír:
    1. a identificación dos bens, con indicación da área do litoral en que se atopan, especificando, de ser o caso, se ocupan un dominio público marítimo-terrestre ou unha zona de servidume de protección
    2. a xustificación da incorporación ao catálogo, cando a edificación non estea declarada ben de interese cultural ou catalogada, ou, neste caso, a referencia á declaración ou á catalogación
    3. os usos orixinais dos bens e os usos futuros compatibles para o caso de que se interveña sobre eles, quedando garantido que non se poñan en perigo os valores que aconsellaron a súa catalogación
    4. calquera outro dato que favoreza a mellor preservación dos valores que se tratan de protexer e o seu contorno.

    Os bens catalogados integraranse no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e, así mesmo, a incorporación dun ben inmoble ao catálogo obrigará aos Concellos en cuxo territorio se localice a incorporalo ao planeamento urbanístico xeral e a establecer as determinacións específicas para o seu réxime de protección, conservación e uso.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A Disposición adicional sexta da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia establece que será o Consello da Xunta, por proposta da consellaría competente en materia de medio ambiente, logo do informe favorable do departamento competente en materia de patrimonio cultural, o que aprobe o catálogo de bens de valor cultural no litoral, sobre os que se poderán promover as actuacións estratéxicas recollidas no artigo 58 desta lei.

    Establece ademais que no procedemento de aprobación do catálogo se abrirá un trámite de información pública para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen pertinentes.

    As modificacións e as revisións do catálogo seguirán o mesmo procedemento que o establecido para a súa aprobación.

  • Obxectivos:

    Os obxectivos, por tanto, que persegue a elaboración do Catálogo de bens de valor cultural no litoral son:

    1. a identificación dos bens de valor cultural, con indicación da área do litoral en que se atopan, especificando, de ser o caso, se ocupan un dominio público marítimo-terrestre ou unha zona de servidume de protección
    2. a xustificación da incorporación ao catálogo dos devanditos bens, cando a edificación non estea declarada ben de interese cultural ou catalogada, ou, neste caso, a referencia á declaración ou á catalogación
    3. a identificación dos usos orixinais dos bens e os usos futuros compatibles para o caso de que se interveña sobre eles, quedando garantido que non se poñan en perigo os valores que aconsellaron a súa catalogación
    4. calquera outro que favoreza a mellor preservación dos valores que se tratan de protexer e o seu contorno.
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A través deste proceso participativo preténdese garantir que as persoas e entidades interesadas presenten as súas achegas e suxestións en relación á regulación deste decreto.

  • Rango da norma:

    Decreto
1077089 {"title":"Decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral","published_date":"2025-07-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Participación Ciudadana","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"1077089"} galicia Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático;Consulta Pública Previa;Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado false https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2025-07-01/1077089-decreto-polo-se-aproba-catalogo-bens-valor-cultural-litoral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.