Proxecto de orde pola que se establece e se habilita na sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento de solicitude do certificado de familia monoparental (código de procedemento BSXXX)
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 06/05/2025
de conformidade co artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as administracións públicas deberán garantir que as persoas interesadas poidan relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o cal porán á súa disposición as canles de acceso que sexan necesarias, así como os sistemas e as aplicacións que en cada caso se determinen.
A presente orde pretende habilitar a presentación electrónica das correspondentes solicitudes do certificado de familia monoparental mediante a incorporación da tramitación do procedemento á sede electrónica da Xunta de Galicia, con obxecto de que as persoas usuarias poidan relacionarse coa administración por medios electrónicos. Así, o procedemento administrativo de prazo aberto en materia de solicitude de recoñecemento da condición de familia monoparental, estará dispoñible telematicamente.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 09/06/2025
Suxestións recibidas: 5