Anteproxecto de lei de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de Saúde de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo
Departamento: Consellería de Sanidade
Inicio da tramitación: 28/02/2025
as modificacións da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, afectan aos preceptos que se citan deseguido.
Engádese un número 23 ao artigo 3, coa introdución dunha definición do que se entende por "violencia no ámbito sanitario"; tamén se modifica o número 2 do artigo 15, para incorporar o deber da cidadanía de respecto ao persoal sanitario; engádese un número 3 ao artigo 39.bis para o establecemento da obriga de reparación do dano causado pola persoa agresora; engádese un artigo 41.ter, un artigo 42.ter e un artigo 43.ter, que recollen as tipificacións das infraccións leves, graves e moi graves en materia de violencia no ámbito sanitario, así como un artigo 44.ter coas sancións correspondentes. Tamén se engade un artigo 45.ter coa atribución das competencias sancionadoras.
Por outra banda, modifícase o número 2 do artigo 46.ter para establecer a posibilidade de adoptar medidas provisionais nestes casos; e tamén se modifica o número 6 do artigo 74 para establecer a obriga de aseguramento do persoal naqueles contratos que se celebren con provedores privados.
Finalmente, modifícase o número 10 do artigo 115 para recoller a violencia como causa de medidas de mobilidade do persoal; engádese un novo parágrafo ao artigo 119, así como un novo artigo 119.bis relativo ao Plan Galego de Prevención da violencia no ámbito sanitario; e engádese un novo artigo 119.ter para o establecemento do Rexistro Galego de actos de violencia; así como un novo artigo 125.bis co establecemento de medidas específicas de formación/capacitación.
Estado actual: En prazo de envío de suxestións
Prazo para remitir suxestións: 02/05/2025 - 23/05/2025
Suxestións recibidas: 8