Decreto polo que se aproban as Directrices do Litoral de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/01/2025 - 31/03/2025
Información sobre a norma :
-
Antecedentes:
Baseándose nas propias competencias e desde o comezo do Estado das autonomías, Galicia vén regulando o seu litoral de modo sectorial e desenvolvendo instrumentos relevantes de ordenación do territorio con incidencia no litoral, como as Directrices de ordenación do territorio e o Plan de ordenación do litoral de Galicia, e ferramentas necesarias para a preservación paisaxística, como os catálogos da paisaxe.
Coa aprobación da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) preténdese dar un paso máis, xa que esta lei aspira á ordenación e á xestión do litoral desde un enfoque ecosistémico e integrado, que garanta un desenvolvemento sostible.
O enfoque ecosistémico, recollido en diversos instrumentos internacionais e europeos, como é o Regulamento (UE) núm. 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, sobre a política pesqueira común, supón xestionar as actividades humanas que se realizan no litoral dentro de límites ecoloxicamente significativos, pretendendo harmonizar a xestión dos recursos naturais e dos ecosistemas co desenvolvemento económico e social, co fin de garantir o menor impacto deste sobre aqueles e que a presión que provoquen sobre o litoral se manteña en niveis compatibles co bo estado ambiental dos ecosistemas costeiros e mariños.
Xunto ao anterior, e fronte aos sucesivos intentos harmonizadores e uniformadores da ordenación da costa, esta lei constrúese sobre unha premisa distinta avalada pola experiencia e polo coñecemento científico: a escala autonómica é idónea para lograr unha ordenación e xestión ecosistémica e integrada do espazo litoral, realista, razoable e eficaz, coherente e adecuada á singularidade do litoral de Galicia.
De acordo cos principios que inspiran a Loxilga, as Directrices de Ordenación do Litoral acometeranse desde un enfoque ecosistémico e integrado, que garanta un desenvolvemento sostible.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
De acordo co Título II da Loxilga, os instrumentos de ordenación do litoral de Galicia formularanse prestándolles atención aos criterios xerais de planificación recollidos na normativa de ordenación do territorio de Galicia, a saber, o desenvolvemento territorial sostible, a racionalidade territorial, a cohesión social e económica e a perspectiva de xénero, a cohesión territorial e a dinamización demográfica do sistema costeiro non urbano, a preservación da paisaxe e a infraestrutura verde.
Ademais, a elaboración dos plans deberá garantir a participación da sociedade civil, e particularmente dos grupos de interese e das asociacións e dos grupos de mulleres, consonte o establecido no capítulo V do título I da devandita lei.
Os instrumentos de ordenación do litoral conforman un único sistema integrado que se articula de acordo cos principios de competencia, especialidade e coordinación.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
As Directrices de Ordenación do Litoral son a peza fundamental para o desenvolvemento dos instrumentos de ordenación previstos na Loxilga, pois ofrecerán unha visión global da ordenación, que servirá de referencia para formular os demais instrumentos.
Con este novo paso, o Goberno galego continúa avanzando no desenvolvemento da devandita lei.
-
Obxectivos:
De acordo co artigo 23 da devandita norma, as Directrices de Ordenación do Litoral (DOL), aprobadas pola Xunta de Galicia, constituirán o marco xeral de referencia para a elaboración dos restantes instrumentos de ordenación do litoral e para a formulación e a execución das distintas políticas sectoriais sobre o litoral.
As Directrices de Ordenación do Litoral conterán, polo menos, os criterios básicos para:
- identificar os espazos de interese ambiental e paisaxístico no litoral sobre os que se proxecten medidas especiais de protección, conservación e ordenación
- garantir e promover a conectividade ecolóxica do territorio, co establecemento ou o restablecemento de corredores ecolóxicos
- implantar a rede de sendas do litoral, na que se primará a recuperación de camiños e corredoiras e garantirá uns métodos de intervención respectuosos coa paisaxe e cos hábitats
- implantar as distintas actividades económicas e sociais dos axentes públicos e privados que operen nos espazos do litoral, coa garantía da sostibilidade das artes tradicionais
- garantir o acceso ao mar e o estacionamento, co obxecto de preservar o medio ambiente e de evitar os impactos paisaxísticos
- determinar a concentración urbana admisible no litoral
- determinar a capacidade de carga e acollida nos diversos espazos do litoral
- evitar as barreiras arquitectónicas que impidan a contemplación das paisaxes litorais
- os criterios exixidos ás edificacións e ás instalacións permitidas en espazos sensibles do litoral, nomeadamente as requiridas para os tanques de cultivo
- os criterios que orientarán as accións de renovación urbana ou de rehabilitación
- as liñas de acción dirixidas á ampliación dos espazos públicos litorais
- as oportunidades do litoral e a identificación de accións necesarias para o seu aproveitamento racional e sostible
- os criterios para a determinación dos usos estratéxicos e prioritarios do mar, para os efectos da elaboración do plan de ordenación mariña
- a identificación das accións que requiran a actuación conxunta con outras Administracións públicas
As determinacións contidas nas Directrices de Ordenación do Litoral indicarán de modo inequívoco o alcance, orientador ou vinculante, para os plans ou, cando for o caso, o seu carácter de normas de aplicación directa.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A través deste proceso participativo preténdese garantir que as organizacións e entidades interesadas presenten as súas achegas e suxestións en relación á elaboración e contido do citado marco xeral de referencia.
-
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 17