Proxecto de decreto polo que se regulan os procedementos de creación, modificación e disolución de centros museísticos de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Cultura
Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Inicio da tramitación: 09/12/2024
este decreto desenvolve a Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, no que se refire á creación, modificación e disolución de centros museísticos que non sexan de titularidade pública autonómica (os cales teñen un réxime de creación propio que esixe un decreto aprobado polo Consello da Xunta de Galicia).
Por unha banda deséñanse os procedementos e, pola outra, desenvólvense máis polo miúdo os aspectos de carácter substantivo recollidos na lei.
Ao mesmo tempo, regúlanse aspectos derivados do acto de creación, tales como a inscrición no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia, a incorporación ao Sistema galego de centros museísticos ou o elemento de identificación e pertenza ao devandito Sistema.
Finalmente, outro dos aspectos que son obxecto de regulación ten que ver cos contidos mínimos esixibles nos plans museolóxicos.
Estado actual: En prazo de envío de suxestións
Prazo para remitir suxestións: 06/02/2025 - 26/02/2025