Proxecto de decreto polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Departamento: Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas - Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Inicio da tramitación: 10/01/2025
a norma ten por obxecto desenvolver o réxime xurídico aplicable ás entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e regular o seu rexistro. Concretamente, a norma regula as funcións e os requisitos destas entidades, as súas obrigas e incompatibilidades, o procedemento para atender as reclamacións que se presenten contra as súas actuacións e as especificacións derivadas do réxime sancionador. Así mesmo, o decreto desenvolve a regulación do Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de urbanismo.
A regulación proposta debe realizarse mediante unha norma con rango de decreto, en virtude dos mandatos recollidos nos artigos 146.bis) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 47 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que remiten ao correspondente desenvolvemento regulamentario.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 10/04/2025
Suxestións recibidas: 5