Lei 6/2024, do 27 de decembro, de estatística de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Instituto Galego de Estatística
Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Instituto Galego de Estatística
Inicio da tramitación: 13/04/2023
Data da publicación no DOG: 08/01/2025
os anos transcorridos dende a entrada en vigor da vixente Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, que estableceu o marco normativo básico, a estrutura organizativa e os instrumentos de planificación da estatística galega, así como a aprobación por lei de seis plans estatísticos, aconsellan revisar a devandita norma á luz da experiencia e considerando a achega de nova regulamentación, o desenvolvemento tecnolóxico e a multiplicación das fontes de datos.
Un dos retos da nova lei será o de asumir o cadro común europeo de calidade como instrumento autorregulador da estatística galega. Dos dezaseis principios do Código de Boas Prácticas das Estatísticas Europeas adoptado en 2017, a lei profundará nos vinculados co emprego de procedementos idóneos, cooperación, diminución da carga de resposta, eficiencia e puntualidade. A razón é que todos inciden na necesidade de considerar os rexistros e sistemas de información como recursos estratéxicos e figuras claves para aproveitar o cambio tecnolóxico e o desenvolvemento exponencial que está a experimentar a información dispoñible.
É necesario incorporar plenamente os de orixe administrativa, garantindo que estean a disposición dos órganos estatísticos públicos para integralos en bases de datos e aumentar os estándares de calidade. Uns rexistros ben actualizados poderán sustentar detalles territoriais non asumibles con enquisas, ou estimacións en tempo real. Outros obxectivos da norma son mellorar as previsións para deseñar e avaliar políticas públicas, dispoñer de datos cara a afrontar o reto ambiental e atender a perspectiva demográfica e a de xénero.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG