Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Inicio da tramitación: 02/04/2024
Data da publicación no DOG: 03/01/2025
modificar o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, a fin de recoller de xeito completo e ordenado todas as categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia que son susceptibles de ser sometidas aos procesos de funcionarización.
Por unha parte, introdúcense novas equivalencias para a funcionarización do persoal das categorías III-07, III-08, III-09, III-23, III-60, III-64 e III-67 para engadir a escala técnica de mantemento de servizos e a escala técnica de recursos naturais e forestais, o que permitirá recoller de maneira mais axeitada as equivalencias en base ás funcións realizadas.
Así mesmo, permitirase que o persoal Categoría III-99 Coidador/a, que posúa a titulación necesaria para o acceso á escala de auxiliares de clínica, poida optar pola súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2) ou na escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2).
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG