Proxecto de decreto polo que se modifican os estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde aprobados polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 18/11/2024
este decreto ten por obxecto modificar os estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a creación de dúas novas áreas dentro da súa estrutura orgánica: a Área de Asesoramento Científico-Técnico (Avalia-t) e a Área de Xestión e Servizos Xerais, as cales veñen a substituír, respectivamente, á antiga Unidade de Asesoramento Científico-técnico (con nivel de servizo) e ao Servizo de Xestión.
Así, a axencia pasaría a estruturarse internamente en cinco áreas:
- Área de Xestión do Coñecemento e Talento
- Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
- Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria
- Área de Asesoramento Científico-Técnico (Avalia-t)
- Área de Xestión e Servizos Xerais
Estado actual: Pendente de aprobación