Lei 2/2024, do 7 de novembro, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 23/03/2023
Data da publicación no DOG: 11/11/2024
o anteproxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia pretende regular a utilización destes recursos atendendo a criterios ambientais e tamén a factores socioeconómicos que permitan despregar unha política ambiental xusta coa poboación e os territorios. Ten vocación transversal para mellorar a regulación da utilización dos recursos naturais no noso territorio, impulsando unha transición enerxética xusta e a consideración e compensación equilibrada dos custos medioambientais e afeccións aos servizos ecosistémicos, cos beneficios que as persoas, comunidades e territorios poden obter.
Procura o impulso do desenvolvemento racional e sustentable de Galicia, mediante a xestión responsable dos recursos naturais e a protección do ambiente, de forma conciliada co desenvolvemento social e económico, a cohesión territorial, a cohesión social e a mellora da calidade de vida da poboación de Galicia.
Con estes fins establécese a valoración dos beneficios sociais e económicos nas avaliacións ambientais en proxectos de recursos naturais de competencia autonómica, dispóñense mecanismos para a participación pública en sociedades que desenvolvan actividades compatibles cos fins da norma, así como instrumentos para o seu financiamento, créase un canon á eólica mariña destinado a compensar o sector pesqueiro e os concellos do litoral, fíxanse medidas sobre recuperación integral de territorio afectado por incendios forestais creándose un fondo para atender os incendios de incidencia singular, e impúlsase o autoconsumo enerxético nas áreas empresariais de Galicia e o uso de residuos para a xeración de biometano.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 259