Decreto 179/2024, do 2 de setembro, polo que se regulan as funcións, a composición e o réxime de funcionamento da Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 27/09/2023
Data da publicación no DOG: 10/09/2024
este decreto ten por obxecto a regulación da composición e o réxime de funcionamento da Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral (en adiante, a Comisión), para o cumprimento dos fins e a realización das funcións que lle atribúe a Lei 4/2023, de 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
Son funcións da Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral:
- Coordinar a elaboración, aplicación e seguimento dos instrumentos de ordenación do litoral regulados na Lei 4/2023, de 4 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
- Coordinar os diferentes órganos implicados nas políticas e medidas previstas na Lei 4/2023, cando resulte necesario para simplificar e axilizar a tramitación dos procedementos relacionados con elas.
- Velar pola integración das disposicións da Lei 4/2023 e as leis sectoriais que afecten ao litoral, impulsando, cando proceda, as modificacións que favorezan a súa xestión integrada.
- Elaborar os criterios interpretativos ou directrices que resulten necesarios para promover a xestión integrada dos instrumentos de ordenación do litoral (Informe DXSA).
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG