Orde do 2 de setembro de 2024 pola que se establece o procedemento de selección e o nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Xustiza
Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Xustiza
Inicio da tramitación: 28/02/2024
Data da publicación no DOG: 10/09/2024
a orde ten como obxecto a apertura dunha nova convocatoria da bolsa de persoal interino do corpo de medicina forense e a actualización da normativa vixente que permita adaptarse as necesidades específicas do corpo de médicos forenses. Así, flexibilízanse os requisitos que deben reunir as persoas aspirantes para poder formar parte das bolsas se regula a posibilidade de presentación de solicitudes de incorporación á bolsa con posterioridade a súa entrada en vigor, sen que sexa preciso realizar unha nova convocatoria, e a actualización periódica dos méritos das persoas integrantes das bolsas.
Realízanse igualmente cambios no relativo ao réxime de exclusións da bolsa e se regula de forma específica as peticións e nomeamento de persoal interino de reforzo.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG