Proxecto de orde sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Xustiza
Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Xustiza
Inicio da tramitación: 26/07/2024
a orde ten como obxecto establecer unha nova configuración das listas de persoal interino nunha única bolsa por corpo e provincia e sen un número limitado de persoas integrantes, nas que quedarían integradas todas as persoas admitidas ordenadas en función da puntuación obtida na baremación de méritos. Igualmente, actualizaríanse de forma periódica os méritos das persoas integrantes, permitindo á súa vez a incorporación de novas persoas ás bolsas sen ter que realizar unha nova convocatoria inicial.
Igualmente, flexibilizaríanse certos requisitos que deben reunir as persoas aspirantes para poder formar parte das bolsas, permitindo a incorporación dun maior número de persoas.
Tamén se recollen cambios no relativo ao réxime de suspensións por traballo no sector público ou privado.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 24/10/2024
Suxestións recibidas: 1