Decreto polo que se modifica o Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Departamento: Consellería de Economía e Industria - Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 21/06/2024 - 08/07/2024
Información sobre a norma :
-
Antecedentes:
No Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á adaptación á normativa autonómica das previsións do Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 Ascensores do Regulamento de aparellos de elevación e manutención.
No Boletín Oficial do Estado núm. 91, de 13 de abril de 2024, publicouse o Real Decreto 355/2024, do 2 de abril, polo que se aproba a Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores», que regula a posta en servizo, modificación, mantemento e inspección dos ascensores, así como o incremento da seguridade do parque de ascensores existente, o cal deroga coa súa entrada en vigor o Real Decreto 88/2013.
A citada normativa constitúe unha norma regulamentaria de seguridade industrial e apróbase en exercicio das competencias que, en materia de seguridade industrial, ten atribuídas a Administración xeral do Estado, ao amparo do disposto no artigo 149.1.13.ª da Constitución Española, que atribúe ao Estado a competencia para determinar as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, sen prexuízo das competencias das comunidades autónomas en materia de industria.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
No Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á adaptación á normativa autonómica das previsións do Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 Ascensores do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, o cal estaría derogado coa entrada en vigor do Real decreto 355/2024 o día 1 de xullo de 2024.
O artigo 12.5 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria indica que «Os Regulamentos de Seguridade Industrial de ámbito estatal aprobaranse polo Goberno da Nación, sen prexuízo de que as Comunidades Autónomas, con competencia lexislativa sobre industria, poidan introducir requisitos adicionais sobre as mesmas materias cando se trate de instalacións radicadas no seu territorio». Agora ben, tendo en conta que as disposicións das directivas da Unión Europea baseadas no «Novo Enfoque» constitúen obrigacións totais para os Estados membros, que estes deben cumprir de maneira equivalente en todo o territorio da Unión Europea -para o que deben retirar calquera disposición nacional previa que puidese existir cando contradixese o estipulado naquelas, ou absterse de lexislar sobre a mesma materia (coa excepción da propia transposición)-, as comunidades autónomas non poderán exercitar a facultade a que se refire o artigo 12.5 da Lei de Industria no relativo ás condicións de deseño obxecto da citada normativa europea.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
As novas obrigacións do titular dun ascensor relacionadas co mantemento dos ascensores, así como das empresas conservadoras habilitadas e organismos de control habilitados nos seus respectivos ámbitos competenciais, introducidas pola nova normativa estatal, fai necesario abordar a modificación do Decreto autonómico.
En particular, a implantación de novas medidas mínimas de seguridade a implantar nos ascensores existentes, recollida na nova normativa estatal, tería un impacto significativo na actividade económica do sector, e afectaría os intereses e dereitos dos titulares dos ascensores, así como os axentes económicos, empresas conservadoras e organismos de control.
-
Obxectivos:
Un obxectivo da norma é a adaptación da normativa autonómica recollida no Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, ás previsións do citado Real Decreto 355/2024, do 2 de abril, polo que se aproba a Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores», que regula a posta en servizo, modificación, mantemento e inspección dos ascensores, así como o incremento da seguridade do parque de ascensores existente.
Así mesmo, desenvolver no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os aspectos que o citado real decreto deixa a criterio das comunidades autónomas.
Respecto das disposicións introducidas pola ITC AEM 1 relativas ao mantemento e á inspección regulamentaria de ascensores, faise necesario aclarar e definir diferentes aspectos relativos aos ascensores, que afectan a titulares das instalacións, empresas conservadoras e organismos de control habilitados para a súa inspección, co obxectivo de protexer as persoas e as cousas de incidentes que puidesen producirse como consecuencia do seu funcionamento e mantemento.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A alternativa á non modificación do Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, sería tramitar un novo decreto que regulase o relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia, ou derogar o existente sen ter unha normativa autonómica na materia.
-
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 1