Orde pola que se establece o procedemento de regularización administrativa de instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Departamento: Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 21/06/2024 - 08/07/2024
Información sobre a norma :
-
Antecedentes:
Os regulamentos de seguridade industrial que derivan da Lei 21/1992 de Industria polo xeral establecen a necesidade de comunicación das instalacións a un rexistro previo á súa posta en servizo. Ademais de para o control das actuacións da Administración, a devandita comunicación da posta en servizo é necesaria para posteriores actuacións como modificacións, ampliacións, baixas etc. Por outra banda, a correcta posta en servizo é unha das comprobacións que teñen que efectuar os organismos de control na súa actuación de inspección, polo que, en caso de non estar rexistrada a instalación, é moi probable que non estea correctamente mantida e que non teña os controis periódicos que garanten a súa seguridade e correcto funcionamento.
A maioría dos regulamentos de seguridade industrial vixentes non contemplan a opción de regularización desta situación. Estas instalacións supoñen un risco para a seguridade de bens e persoas, e os seus titulares teñen problemas á hora de intentar cumprir con obrigas como a inspección polos organismos de control, sen que exista nestes momentos unha solución legal á súa situación.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
A comunicación da posta en servizo das instalacións de seguridade industrial é necesaria para:
- Comunicar as posteriores modificacións, ampliacións, cambios de titularidade e baixas.
- Solicitar todo tipo de actuacións inspectoras establecidas na regulación vixente.
- Concorrer a axudas ou subvencións.
- Ao incluírse nos rexistros oficiais favorécese o coñecemento e a toma de decisións para a Administración en relación con actuacións normativas, subvencións etc.
- Ter o universo real das instalacións de seguridade industrial favorece o establecemento duns plans de inspección máis representativos, xustos, eficientes e efectivos.
- A existencia de instalacións de seguridade industrial promove o intrusismo e a competencia desleal, xa que un profesional habilitado non pode actuar nunha instalación non regularizada e é probable que quen o faga non queira deixar constancia nun documento contable.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Faise necesario que a Administración autonómica dea unha solución ás instalacións de seguridade industrial non regularizadas para facilitar que entren no sistema e poidan cumprir con todas as obrigas que se lles impoñen. Ademais, o feito de non ter constancia da inscrición das instalacións implica un descoñecemento da realidade do sector industrial da comunidade autónoma e, en consecuencia, unha traba para o necesario control que debe realizar a Administración.
Así, co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, coa regularización asegúrase non só que cumprían coa lexislación vixente no momento da súa posta en marcha, senón que na actualidade son instalacións seguras.
A integración de todos os procedementos de tramitación de instalación de seguridade industrial no Rexistro de actividades empresariais industriais e comerciais da Xunta de Galicia (RUE) fai a regularización relativamente sinxela.
-
Obxectivos:
A norma ten por obxecto establecer o procedemento de regularización administrativa para aquelas instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial que, por diversas razóns (antigüidade, perda de documentación...), non constan rexistradas no rexistro preceptivo da consellería competente en materia de industria.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Unha alternativa regulatoria sería esperar a que todos os regulamentos de seguridade industrial se modifiquen e que inclúan a posibilidade de rexistro extemporáneo das instalacións, o cal se dilataría no tempo, tendo en conta a cantidade de regulamentos de seguridade industrial existentes e que se trata de regulamentos de competencia da Administración xeral do Estado.
-
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 4