A Xunta lembra a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez destaca o esforzo que vén realizando MeteoGalicia para ofrecer unha detallada información sobre a radiación ultravioleta
  • Gómez Caamaño incide na importancia que teñen as campañas informativas e a prevención nos coidados da pel

Noia (A Coruña), 27 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia lembra a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán e invita á cidadanía a desfrutar das praias dunha forma segura e responsable. Así o salientaron hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no areal de Boa Grande, en Noia, onde estiveron acompañados pola dermatóloga Sabela Rodríguez.

Logo de incidir nas consecuencias negativas que pode ter o sol para a saúde se non se toma con responsabilidade, Ángeles Vázquez destacou o esforzo que vén realizando MeteoGalicia para ofrecer unha detallada información sobre a radiación ultravioleta.

Así, ademais de estar adherida desde o primeiro momento ao programa de comunicación de risco neste eido da Organización Mundial da Saúde e da Organización Mundial de Meteoroloxía, Galicia conta con cinco medidores da radiación, cuxos datos se ofrecen en tempo real na páxina web de MeteoGalicia, o que nos sitúa como "unha das comunidades que monitoriza de xeito máis completo esta cuestión", aseverou a conselleira.

Esta medición compleméntase cos modelos de previsión, co que se ofrece á cidadanía información actualizada e de utilidade dos concellos e das praias para coñecer o índice de radiación ultravioleta ao longo do día e saber cando a exposición é menos perigosa para a saúde. Deste xeito, poden previrse danos á hora de tomar o sol ou realizar actividades ao aire libre.

A maiores, MeteoGalicia conta cunha operativa ante episodios de calor na que se teñen en conta o valor medio das temperaturas durante toda a xornada en cada municipio para o que, previamente, se calculan os valores que se poden considerar elevados para cada concello.

Deste xeito, se a media dun determinado día é superior a esta, darase un aviso para ese municipio concreto -amarelo, laranxa ou vermello-. No caso de que estes episodios de calor duren polo menos tres días e afecten a un número considerable de concellos, decretarase a situación de vaga de calor por parte da Consellería de Sanidade. Nesta liña, Ángeles Vázquez puxo en valor "a coordinación entre consellerías para que a información chegue aos cidadáns".

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade incidiu na importancia que teñen as campañas informativas e a prevención nos coidados da pel. Así, destacou que protexer a pel no presente contribúe a reducir a posibilidade de desenvolver algún tipo de complicación no futuro, como pode ser o melanoma.

"Debemos coidarnos do sol, empregar protector solar e evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día, nas que a radiación é máis perigosa", remarcou.

Nesta liña, Gómez Caamaño salientou que a Sanidade pública galega conta con diversos recursos para atender o cancro de pel, unha enfermidade que na actualidade ocupa o primeiro posto no ranking de tumores con maior incidencia entre a poboación caucásica, e que se estima que desenvolverán preto do 50% das persoas maiores de 65 anos.

Así, a Sanidade galega avanzou nos últimos anos no tratamento e o diagnóstico desta doenza, dotándose dunha vía rápida do melanoma, dun comité de expertos na enfermidade e un rexistro de pacientes, que permite coñecer a evolución de cada caso.

"Quero aproveitar esta xornada para apelar ao sentidiño" incidiu o conselleiro, quen convidou á poboación galega a facer un uso responsable do sol.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
354704 {"title":"A Xunta lembra a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106937-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"354704"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/354704-xunta-lembra-necesidade-protexerse-fronte-aos-efectos-do-sol-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.