A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos centros de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias e Guísamo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ofértanse prazas nos ciclos de formación profesional de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, Produción Agroecolóxica, Paisaxismo e Medio Rural e no de Xardinería e Florería
  • Trátase de ciclos en modalidade dual intensiva, polo que os estudantes poderán poñer en práctica a formación teórica que reciban obtendo ademais unha remuneración económica desde o primeiro ano

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2024

O prazo para matricularse nos graos medios e superior dos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, no concello lucense de Ribadeo; e Guísamo, na localidade coruñesa de Bergondo; segue aberto. 

No Pedro Murias ofértanse os Ciclos medios de FP Dual intensiva de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Produción Agroecolóxica. O primeiro céntrase en cuestións silvícolas, como as instalacións forestais ou a sanidade vexetal. Ademais, impártense materias relacionadas coa conservación de especies cinexéticas e piscícolas, así como as nocións necesarias sobre control fitosanitario. O alumnado deste grao medio conta cun amplo abano de saídas profesionais, como son, entre outros, o de especialista en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas, motoserrista, traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación dos hábitats forestais ou auxiliar de traballos de control de depredadoras e especies invasoras. 

Mentres tanto, os estudantes de Produción Agroecolóxica poderán traballar como agricultores, avicultores, apicultores, criadores de gando ou produtores ecolóxicos. Para iso, os estudos están focalizados en fundamentos agronómicos e zootécnicos, a implantación de cultivos ecolóxicos e en principios de sanidade vexetal. Tamén recibirán nocións sobre infraestruturas e instalacións agrícolas; así como en produción gandeira e vexetal de xeito ecolóxico. 

En Guísamo, o ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.

A maiores, o ciclo medio de Xardinería e Florería permite adquirir a capacitación necesaria para realizar traballos en horta e viveiros, a instalación, mantemento e melloras de xardíns,  parques urbanos e xardíns históricos e botánicos unha vez cursen os módulos que compoñen o ciclo.

Formación práctica remunerada

Cabe sinalar que estes ciclos forman parte da modalidade Formación Profesional Dual intensiva, polo que os estudantes poderán recibir formación teórica no centro educativo e ao mesmo tempo poñela en práctica -remunerada- nun centro de traballo. Deste xeito, o alumnado formarase de forma teórica e práctica tanto no centro educativo como na empresa. Isto favorece a súa inserción laboral, xa que ao rematar o ciclo o estudante contará con experiencia previa. 

Aquelas persoas interesadas en matricularse, poderán solicitar máis información nas webs de cada un dos centros ou nos números de teléfono: 982 828 552 (Pedro Murias) ou 881 88 10 57 (Guísamo). 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
354387 {"title":"A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos centros de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias e Guísamo","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105744-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"354387"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/354387-xunta-lembra-segue-aberto-prazo-matricularse-nos-centros-formacion-e-experimentacion-agroforestal-pedro-murias-e-guisamo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.