Lorenzana agradece a aposta de Boeing polo sector aeroespacial galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Pon en valor o traballo desenvolvido pola multinacional estadounidense como socio tecnolóxico da Xunta no polo aeroespacial de Galicia
  • Trasladar todo o apoio da Administración autonómica para seguir mantendo aberta esta liña de colaboración 

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro estes días con representantes de Boeing, a quen lle recoñeceu o traballo desenvolvido como socio tecnolóxico da Xunta no polo aeroespacial de Galicia.

Na reunión, Lorenzana puxo en valor que a multinacional estadounidense leva colaborando con esta iniciativa desde os seus inicios, exercendo como empresa tractora de toda a cadea de valor do sector en Galicia a través dos proxectos que desenvolve nas instalacións do aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo), xunto con pemes e centros tecnolóxicos galegos.

En concreto, destacou a súa especialización na xestión do tráfico de vehículos aéreos non tripulados e as posibles continxencias que poidan xurdir en voo, a través de proxectos como o Skyway. De feito, o seu traballo foi fundamental para que hoxe, o Centro de Investigación Aerportada de Rozas (CIAR), dispoña dun simulador de continxencias e do equipamento máis avanzado en Europa para realizar ensaios.

A conselleira agradeceu a aposta que leva facendo Boeing polo sector aeroespacial de Galicia e considerou que a súa implicación contribúe a fixar coñecemento tecnolóxico e  a consolidar industria. Nese sentido, na reunión quixo trasladar todo o apoio da Xunta para seguir mantendo aberta esta liña de colaboración.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353333 {"title":"Lorenzana agradece a aposta de Boeing polo sector aeroespacial galego","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105358-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353333"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353333-lorenzana-agradece-aposta-boeing-polo-sector-aeroespacial-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.