Xosé Merelles destaca que a revista científica Ad Limina contribúe ao engrandecemento do Xacobeo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dunha revista interdisciplinar que se vén publicando anualmente desde 2010

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta mañá en Santiago de Compostela, un novo número da revista científica Ad Limina, centrada en estudos do Camiño de Santiago e no fenómeno das peregrinacións. Xosé Merelles salientou a importancia desta publicación para analizar o Camiño como fenómeno social e global e a súa achega ao "engrandecemento deste fenómeno".

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia subliñou que "o mundo xacobeo é todo un universo que cada día se enriquece polas experiencias dos peregrinos que viven o Camiño", pero "tamén o é por este tipo de publicacións que suman rigor científico, comparacións, estatísticas e novos campos aos xa tradicionais" de estudo.

Ad Limina é dunha publicación interdisciplinar que se vén editando desde 2010 con carácter anual, na que teñen cabida artigos de carácter científico sobre a historia, a arte, a iconografía, a literatura, a arqueoloxía, a música e a liturxia do Camiño e o Xacobeo. 

Pero ademais, tamén se inclúen outros de "áreas menos frecuentadas, como a antropoloxía, a xeografía, a medicina, a lexislación, o paisaxismo ou o medio ambiente, que nos últimos anos está a ter un importante impacto", apuntou Xosé Merelles.

Referíndose ao número publicado este ano, o director de Turismo de Galicia subliñou que Ad Limina xa aborda na presentación como afecta a globalización a este fenómeno e cales son as súas implicacións sociais. 

Ademais, recolle outros aspectos como o paso de todo o que significa o Xacobeo para converterse nun campo de estudo, como as novas tecnoloxías axudan na realización do Camiño, como ver a arte e outras manifestacións nos distintos roteiros desde unha perspectiva formativa e por suposto a realización da peregrinación durante a pandemia en contacto coa natureza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353262 {"title":"Xosé Merelles destaca que a revista científica Ad Limina contribúe ao engrandecemento do Xacobeo","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278809\/20240725+NPXiraLugaresMaxicos.png","id":"353262"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353262-xose-merelles-destaca-revista-cientifica-ad-limina-contribue-ao-engrandecemento-do-xacobeo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.