A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove que suman preto de 7,5 quilómetros

Imagen del artículo A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove que suman preto de 7,5 quilómetros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As tarefas que está a realizar Augas de Galicia inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove (Lugo) que suman un total de 7,5 quilómetros.

As tarefas, que se desenvolverán nas parroquias de Santo Estevo de Sumoas, San Bartolo de Xove, San Pedro de Xuances e Santa Eulalia de Lago, afectan ao rego de Guilán (a preto de 5,4 quilómetros) e ao rego do Lago (algo máis de 2 quilómetros). As actuacións consisten na retirada de árbores e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso ás canles.

Os traballos, que xa foron comunicados ao concello, prolongaranse durante aproximadamente seis semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras así como coa utilización de maquinaria de apoio como unha carretilla de carga.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. O fin último é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353144 {"title":"A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove que suman preto de 7,5 quilómetros","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353144"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353144-xunta-realiza-labores-conservacion-e-mantemento-dous-tramos-canles-fluviais-concello-xove-suman-preto-7-5-quilometros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.