A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da liña de subvencións anuais dirixidas a negocios de aloxamento como de restauración da Comunidade galega
  • En total, beneficiáronse nesta convocatoria 46 restaurantes en 99 establecementos de aloxamento en toda a Comunidade galega
  • Entre outras accións sufráganse melloras de accesibilidade, obras para adaptarse a normativas e mellora da clasificación, aforro enerxético ou dixitalización

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización que fagan os establecementos turísticos galegos, tanto de aloxamento como de restauración, e das que se benefician este ano un total de 145 establecementos turísticos.

As subvencións convocadas por Turismo de Galicia concedéronse en réxime de concorrencia competitiva e foron beneficiarios un total de 46 restaurantes e 99 establecementos de aloxamento. Por provincias, na de A Coruña benefícianse 44 negocios turísticos (21 aloxamentos e 23 restaurantes), na de Lugo a cifra é de 14 (10 aloxamentos e 4 restaurantes), na de Ourense foron cinco (2 aloxamentos e 3 restaurantes) e en Pontevedra a cifra é de 82 (66 aloxamentos e 16 restaurantes).

Esta liña de axudas enmárcase no traballo da Xunta de Galicia por apostar por apoiar ao sector turístico na mellora e actualización dos seus establecementos e afondar así na calidade do destino. Entre os proxectos presentados sufráganse, entre outras actuacións, as que estean destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén obras que melloren as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística ou actuacións que permitan a adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

Aforro enerxético

Esta liña de axudas tamén sufraga as actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación, equipamentos mobles necesarios para o funcionamento, obras de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire

Tamén inclúe tamén actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento, e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
352951 {"title":"A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5 M€","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106538-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"352951"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/352951-xunta-impulsa-melloras-145-establecementos-turisticos-cun-investimento-3-5-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.