A Xunta destina preto de 1,5 millóns de euros ao fomento da apicultura neste 2024 e prioriza a loita contra a vespa velutina

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería do Medio Rural publica a resolución destas axudas no Diario Oficial de Galicia, que benefician a máis de 2.200 explotacións

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se resolven as axudas destinadas ao fomento da apicultura galega. Nos últimos dez anos, a Xunta destinou máis de nove millóns de euros a esta cuestión e o orzamento da convocatoria actual ascende a preto de 1,5 millóns de euros, mediante os que se beneficiarán 2.200 explotacións.

Destas achegas destaca especialmente a loita contra a vespa velutina, que pasou a ocupar o primeiro lugar na prioridade de reparto dos fondos. Ademais, estas axudas invístense tradicionalmente en persoal especializado, nos tratamentos contra o ácaro da varroase ou na alimentación. Respecto ao orzamento total, a maior porcentaxe neste 2024 destinouse á liña de alimentación e outras accións para revitalizar colmeas, con preto do 45% do total das axudas, mentres que o 32,5 % do importe foi para a loita contra a varroase, arredor do 15% destinouse á contratación de persoal e o 7,7% para a loita contra a velutina.

Nos últimos dez anos, a Xunta destinou máis de nove millóns de euros ás axudas para a apicultura galega, segundo un informe da Consellería do Medio Rural do que tomou razón esta semana o Consello do Goberno autonómico. Nesta liña, destacan tamén os efectos positivos do apoio público na actividade apícola, que cada ano incrementa o número de explotacións e de colmeas beneficiarias. Así, tal como se destaca no documento, Galicia pasou de menos de 100.000 colmeas subvencionadas en 2015 a preto de 200.000 na actualidade, e o número de explotacións subvencionadas tamén se duplicou, pasando de pouco máis de mil a 2.200 hoxe en día.

Os principais obxectivos destas axudas son o mantemento e o fomento desta actividade en Galicia, polos moitos beneficios que as abellas achegan dende o punto de vista ambiental e económico. O informe constata que esta finalidade se está cumprindo, consonte a esa evolución favorable do número de colmeas e de explotacións nos últimos anos, que converten a Galicia nunha das principais comunidades autónomas do sector.

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240726/AnuncioG0426-150724-0010_gl.html.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
352950 {"title":"A Xunta destina preto de 1,5 millóns de euros ao fomento da apicultura neste 2024 e prioriza a loita contra a vespa velutina","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106753-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"352950"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/352950-xunta-destina-preto-1-5-millons-euros-ao-fomento-da-apicultura-neste-2024-e-prioriza-loita-vespa-velutina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.