A xira de Carlos Núñez chega mañá a Vilanova de Arousa co apoio da Xunta como parte da oferta turística deste verán en lugares emblemáticos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Turismo de Galicia está a impulsar concertos da xira 'Lugares Máxicos' como o que se celebrou estes días no Parador de Baiona e no Mosteiro de Oseira en Cea
  • Mañá será no Pazo de Baión, o sábado no Castelo de Salvaterra de Miño e o domingo na Fundación Manolo Paz de Cambados e en agosto haberá en Sober, Padrón e Noia

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2024

A xira Lugares Máxicos de Carlos Núñez está percorrendo este verán distintos lugares emblemáticos de Galicia co apoio da Xunta de Galicia para poñer en valor o patrimonio musical e arquitectónico galego ao tempo que está a encher a oferta turística do verán con propostas para todos os públicos.

No seu obxectivo de apoiar as propostas que enriquezan e dean calidade á oferta turística galega, Turismo de Galicia impulsa varios dos concertos da xira. Mañá, 26 de xullo, celebrarase o do pazo de Baión, en Vilanova de Arousa. Será ás 20,00 horas e as entradas están dispoñibles en Ataquilla.

Esta fin de semana tamén se celebrarán o día 27 de xullo no Castelo de Salvaterra de Miño e o domingo 28 na Fundación Manolo Paz de Cambados. Turismo de Galicia apoia tamén os concertos que celebrará Carlos Núñez no mes de agosto nos xardíns do Palacio de Sober, o día 18 de agosto, o 22 de agosto nos xardíns da Fundación Camilo José Cela e o 30 de agosto na Igrexa de San Martiño de Noia. A eles súmanse os xa celebrados no Parador de Baiona e no Mosteiro de Oseira en Cea.

Novo disco

Lugares Máxicos é unha xira que leva case unha década percorrendo distintos emprazamentos de Galicia e fóra dela. Son concertos nos que participan o músico Carlos Núñez e a súa banda ademais de convidar a novos talentos musicais de cada zona. Este ano presenta o seu novo disco, Celtic Sea, froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano.

A Xunta de Galicia continúa así impulsando e apoiando iniciativas que sexan quen de encher a oferta turística do verán con propostas que poñan en valor o destino en distintos lugares de Galicia. Ademais, Turismo de Galicia continúa así apostando polos espectáculos e concertos para reforzar a imaxe turística de Galicia a través da música.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
350074 {"title":"A xira de Carlos Núñez chega mañá a Vilanova de Arousa co apoio da Xunta como parte da oferta turística deste verán en lugares emblemáticos","published_date":"2024-07-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106538-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"350074"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-25/350074-xira-carlos-nunez-chega-mana-vilanova-arousa-co-apoio-da-xunta-como-parte-da-oferta-turistica-deste-veran-lugares-emblematicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.