A Xunta compartirá a experiencia da comunidade de montes de couso como exemplo de boas prácticas no segundo seminario do proxecto interrexional GIFT

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O obxectivo do encontro temático que celebrarán a comezos de 2025 os 10 socios europeos da iniciativa, iniciada en 2023 e cun orzamento de 1,9 M€, será intercambiar casos de éxito nos distintos territorios en materia de infraestrutura verde
  • O Instituto de Estudos do Territorio foi elixido pola Comisión Europea para liderar a iniciativa, impulsada no marco do programa Interreg e cunha duración de catro anos

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2024

A Xunta, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), vén de identificar á comunidade de montes veciñais en man común de Couso, no concello pontevedrés de Gondomar, como un dos exemplos de boas prácticas e xestión sostible existentes en Galicia que compartirá cos seus socios europeos durante o segundo seminario temático que se celebrará no marco do proxecto GIFT (Green Infrastructure for Forest and Trees) a comezos de 2025.

Así o avanzaron os representantes do IET hai uns días no marco dun encontro celebrado precisamente no Centro Cultural de Couso e ao que asistiron tamén o presidente da mancomunidade, Xosé Antón, ademais de veciños, investigadores e expertos do sector ambiental e forestal, que expuxeron a evolución dos traballos e iniciativas xestionadas nesta zona ao longo dos últimos anos, información que se completou cunha visita de estudo a diferentes áreas dos montes de Couso para coñecelos de primeira man.

Tomando como exemplo esta experiencia, durante a reunión (a cuarta que celebran os axentes territoriais interesados no marco do GIFT) aludiuse á importancia de apostar pola multifuncionalidade do monte, tanto desde o punto de vista ambiental, ao aumentar a biodiversidade presente nestes espazos, como socioeconómico, xa que favorece o mantemento da poboación na zona e a creación de emprego a nivel local.

Así, a xestión levada a cabo nesta comunidade de montes —a nivel produtivo, non produtivo, educativo e cultural— constitúe un bo exemplo de éxito, dado que á explotación forestal tradicional e á progresiva substitución de especies alóctonas e invasoras, como eucaliptos e acacias por castiñeiros, nogueiras ou cerdeiras, engadiron alternativas novidosas e que están a demostrar ser unha opción rendible (por exemplo, extracción de resina, produción e venda de shiitake (setas), de arandos, grosellas e framboesas ou de castañas, aposta polo bosque da Memoria e o bosque da Lingua, etc).

Ademais, tamén se expuxo a intención de avanzar na definición dun proxecto piloto de interese para verificar as melloras alcanzadas na xestión da paisaxe mediante a inclusión do enfoque da infraestrutura verde para que, á súa vez, poida ser transferible e replicable en diferentes áreas xeográficas da UE. A solicitude e concreción desta acción piloto definirase coas partes interesadas (skateholders) nos próximos meses, despois da revisión intermedia do proxecto.

Para liderar o GIFT, cuxa misión é establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde e da paisaxe e cunha duración prevista de catro anos (2023-2026), a Comisión Europea seleccionou á Xunta, que delegou no IET a misión de coordinar esta iniciativa.

Impulsado no marco do Interreg Europe-Feder e cun orzamento de 1,9 millóns de euros —o 80% procedente de fondos europeos e o 20% restante achegado pola Xunta—, o proxecto pon especial énfase e atención nos bosques, árbores e paisaxes que albergan os territorios asociados, procurando a recuperación de servizos ecosistémicos relacionados coa biodiversidade, o clima, a auga ou a fixación de carbono, entre outros.

No GIFT, participan 9 entidades máis de países e rexións da Unión Europea: o goberno rexional de Västra Götaland (Suecia), a Axencia Territorial de Flandes (Bélxica), os gobernos provinciais de Fryslân (Países Baixos) e Rimini (Italia), a Axencia Rexional de Leipzig (Alemaña), o Instituto Forestal Esloveno, o Centro de Apoio Empresarial de Kranj (ambos de Eslovenia), a Universidade de Letonia e a cidade de Zagreb (Croacia).

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
350073 {"title":"A Xunta compartirá a experiencia da comunidade de montes de couso como exemplo de boas prácticas no segundo seminario do proxecto interrexional GIFT","published_date":"2024-07-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106497-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"350073"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-25/350073-xunta-compartira-experiencia-da-comunidade-montes-couso-como-exemplo-boas-practicas-seminario-do-proxecto-interrexional-gift https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.