A Xunta comeza as obras de acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos iniciáronse coas melloras da drenaxe dunha canle fluvial entre a A-55 e o ramal de enlace coa N-551 e do pavimento do viario municipal afectado pola actuación nesta zona
  • A intervención conta cun investimento de máis de 1M€ e permitirá mellorar as condicións das vías afectadas pola execución da nova conexión da autovía
  • Actuarase no treito da N-551 que discorre entre as interseccións do antigo enlace da autovía e que pasará a ser de titularidade autonómica, construíndo beirarrúas e reordenando o aparcadoiro
  • Renovarase o firme dun treito da A-55 e instalaranse pantallas acústicas adicionais

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2024

A Xunta acaba de iniciar as obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, en Tui.  

Esta actuación, na que a Administración autonómica inviste máis dun millón de euros, ten como obxectivo realizar adaptacións do viario á nova configuración da circulación tras a execución da conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de  Areas, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro tras un investimento autonómico de 26 M€.

En concreto, realizaranse intervencións nun treito da N-551 que pasa a ser autonómico, na autovía A-55 e en viarios municipais do polígono de Areas e da súa contorna que resultaron afectados pola execución das obras da autovía. 

Os traballos comezaron esta semana coa mellora da drenaxe dunha canle fluvial entre a A-55 e o ramal de enlace coa N-551, e tamén coa mellora do pavimento do viario municipal afectado pola execución da obra, na mesma zona

As intervencións no treito da N-551 incluirán a adaptación da sección transversal, con eliminación do carril central que quedou sen uso, a construción de beirarrúas e a reordenación do aparcadoiro. Nos vaos peonís colocarase pavimento táctil. Tamén se procederá á reposición do firme existente, á disposición dunha parada de autobús, á execución dunha nova rede de pluviais ou á mellora da rede de iluminación.

No caso das actuacións na A-55, centraranse na renovación do firme e na instalación de pantallas acústicas adicionais.

Prevense, ademais, outros remates como o acondicionamento das glorietas do polígono de Areas por onde se desviou o tráfico e melloras en distintos camiños municipais da contorna do polígono.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
350070 {"title":"A Xunta comeza as obras de acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55","published_date":"2024-07-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106200-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"350070"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-25/350070-xunta-comeza-as-obras-acondicionamento-das-vias-proximas-ao-enlace-da-autovia-tui-guarda-coa-55 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.