Arias destaca que o selo artesanía alimentaria da Xunta ampara xa a case 40 empresas e produtores da provincia lucense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo visitou en Ribas de Sil unha das firmas que contan co distintivo, Aceites Figueiredo, que elabora aceite de oliva procedente ao 100% de variedades autóctonas

Ribas de Sil (Lugo), 25 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, destacou a importancia do distintivo Artesanía Alimentaria, o selo creado por dita Axencia para protexer a calidade dos produtos galegos e preservar as elaboracións tradicionais. Na provincia de Lugo xa son case 40 as empresas e produtores amparados por esta marca.

Arias acudiu a Ribas de Sil para coñecer o funcionamento dunha das firmas adheridas, Aceites Figueiredo, que elabora aceite de oliva virxe extra 100% galego, procedente das súas propias oliveiras das variedades autóctonas brava e mansa. 

O delegado apuntou que a Xunta apoia "o bo facer dos produtores locais" impulsando selos de calidade como o de Artesanía Alimentaria, que actualmente conta con 14 normas técnicas vixentes, que inclúen produtos como os derivados lácteos, o mel ou as conservas vexetais, entre outros.                                                                                         

Ao longo deste ano aprobaranse outras 12 novas normas técnicas, pasando das actuais 14 a 26. Dentro deste novo lote inclúense elaboracións como os zumes, o vermú ou a hidromel. Tamén se engadirán as empanadas, fariñas e vinagres, ampliando aínda máis o actual catálogo de produtos artesanais recoñecidos.

A Consellería do Medio Rural tamén organizará xornadas técnicas e campañas de promoción coa finalidade de difundir este distintivo e animar aos produtores a que sigan sumándose a el.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348640 {"title":"Arias destaca que o selo artesanía alimentaria da Xunta ampara xa a case 40 empresas e produtores da provincia lucense","published_date":"2024-07-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105717-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"348640"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-25/348640-arias-destaca-selo-artesania-alimentaria-da-xunta-ampara-xa-case-40-empresas-e-produtores-da-provincia-lucense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.