A Xunta presentará alegacións ao concurso do nó de transición xusta de Meirama convocado polo Goberno

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Así se decidiu logo dunha xuntanza á que foron convocadas as principais organizacións sindicais, a Confederación de Empresarios de Galicia, a Fegamp, a Cámara Oficial Mineira, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, a Federación Ecoloxista Galega e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García
  • Un dos principais motivos para alegar é que o borrador unicamente prevé a convocatoria de 408MW, 150MW menos dos que tiña a central térmica instalada

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

O comité executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade, dependente da consellería de Economía e Industria, acordou presentar alegacións ao borrador do concurso do nó de transición xusta de Meirama (220kv) convocado polo Goberno o pasado 15 de xullo.

Así se decidiu logo dunha xuntanza á que foron convocadas as principais organizacións sindicais, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Fegamp, a Cámara Oficial Mineira, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, a Federación Ecoloxista Galega e o Concello de Cerceda, a través do seu alcalde, Juan Manuel Rodríguez García.

O comité de Enerxía está presidido polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila e, por parte da Xunta, nel está representada, ademais da Consellería, a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Económico de Galicia (Igape), o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Un dos principais motivos para alegar é que o borrador unicamente prevé a convocatoria de 408MW, 150MW menos dos que tiña a central térmica instalada. Un documento que, tal e como se dixo na xuntanza, chega con retraso, pois debería terse acompasado cos traballos de demolición e desmantelamento da central.

O obxectivo do concurso convocado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, por medio do Instituto para a Transición Xusta, é outorgar dereitos de acceso á rede eléctrica a proxectos de renovables e almacenamento que se executen en zonas vinculadas ao peche de centrais térmicas de carbón, como é o caso de Meirama, para mitigar o impacto do seu desmantelamento e asegurar a reindustrialización destas zonas.

Nese sentido, o comité tamén considera que se debe valorar a viabilidade ambiental dos proxectos pero sen ter que recorrer ao mapa de sensibilidade ambiental do ministerio, que unicamente é unha ferramenta orientativa. Ademais, alegarase que deben establecerse mecanismos que garantan a compatibilidade dos proxectos adxudicatarios.

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, convidou aos asistentes a que remitiran as súas achegas para poder elaborar unhas alegacións consensuadas que enviar ao Instituto para a Transición Xusta e así traballar entre todos en favor dunha adecuada reconversión e reindustrialización das comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas en Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348201 {"title":"A Xunta presentará alegacións ao concurso do nó de transición xusta de Meirama convocado polo Goberno","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105358-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"348201"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/348201-xunta-presentara-alegacions-ao-concurso-do-transicion-xusta-meirama-convocado-polo-goberno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.