A Xunta impulsa a cualificación das persoas empregadas no sector forestal coa financiación de 58 actividades formativas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A convocatoria conta cun orzamento total de 800.000 euros para impulsar o coñecemento e a competitividade do sector
  • As accións de carácter formativo tratarán temáticas como a construción con madeira, o uso de novas tecnoloxías dixitais, a certificación forestal ou os créditos de carbono

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas concedidas pola Axencia Galega das Industrias Forestais (Xera) para a organización de actividades formativas non regradas que, nesta convocatoria, chegan ás 58 entre clases maxistrais, talleres, cursos, xornadas ou pílulas formativas. Con esta medida, o Goberno autonómico pretende impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia mediante a mellora da formación do seu capital humano.

A convocatoria destas axudas á formación conta cun orzamento total de 800.000 euros, 400.000 euros no presente ano 2024 e o restante no próximo exercicio económico. As entidades beneficiarias poden solicitar ata un máximo de 60.000 euros en axudas (ou de 100.000 euros por persoa beneficiaria no caso de ter presentadas varias solicitudes), que cobren o 100% dos gastos elixibles.

En total, catorce entidades do sector son as beneficiarias que organizarán estas actividades: o Clúster da Biomasa de Galicia, Lugomadera, Fearmaga, Resuga, PEFC Galicia, Bioeco2, Asefoga, Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega, Cesuga, USC, Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultura e a Asociación Mulleres Autónomas Rurais de Galicia.

As 135 edicións das preto de sesenta accións de carácter formativo tratarán temáticas como o aproveitamento da madeira e da resina, o uso das TICs e as novas tecnoloxías dixitais, a certificación forestal, a xestión empresarial, as habilidades directivas e o márketing, a construción en madeira, a formación en clave de xénero ou os créditos de carbono, entre outros. As actividades estarán orientadas a profesionais da industria do sector forestal-madeira, así como a estudantes de formación profesional e universitarios vencellados a este ámbito.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348125 {"title":"A Xunta impulsa a cualificación das persoas empregadas no sector forestal coa financiación de 58 actividades formativas","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106192-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"348125"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/348125-xunta-impulsa-cualificacion-das-persoas-empregadas-sector-forestal-coa-financiacion-58-actividades-formativas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.