A Xunta urxe ao Goberno central a transferir os fondos cos que compensar e previr os danos do lobo para que Galicia non se vexa novamente penalizada

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez lembra que o Executivo galego recorreu nos tribunais a distribución de 2022 por discriminatoria e que a de 2023 non se chegou a realizar por erros da Administración central, polo que leva dous anos sen recibir recursos deste tipo
  • A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático insiste na necesidade de que o Estado revise a inclusión do lobo no listado de especies silvestres con protección especial pois dificulta o equilibrio co sector gandeiro
  • O Goberno autonómico traslada a preocupación de Galicia ante a presenza dunha alga asiática invasora en fondos mariños da Coruña e Vigo, polo que insta ao Executivo central a actuar e anuncia a próxima creación dun comité científico galego para abordar en profundidade o xeito de atallar a súa proliferación

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

A Xunta urxiu hoxe ao Goberno central a que transfira canto antes ás comunidades autónomas os fondos para compensar e previr os danos que o lobo causa ao sector gandeiro co obxectivo de que Galicia non se vexa novamente penalizada nesta cuestión.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente onde mostrou a súa conformidade co reparto deses fondos -no que a Galicia lle corresponden 2,2 millóns de euros para medidas de prevención e 1,8 millóns de euros para danos- pero pediu que no momento de formalizar as transferencias non se produza ningunha discriminación como xa ocorreu hai dous anos.

A responsable autonómica lembrou que en 2022 o reparto foi inxusto coa comunidade galega por non apoiar a estratexia nacional, polo que Galicia interpuxo un recurso contencioso-administrativo que aínda non se resolveu. Mentres, o ano pasado non se chegou a facer esta distribución dos fondos entre as comunidades por problemas internos do Goberno central, polo que Galicia leva dous anos sen recibir fondos -12 millóns de euros que non ingresou no período 2022-2024-, o que supón un importante prexuízo para o sector gandeiro afectado e para a propia Xunta.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático tamén insistiu na necesidade de revisar o nivel de protección do lobo e de adaptalo á realidade actual en cada zona, cuestión que tamén apoia a Comisión Europea, que xa expuxo a necesidade de flexibilizar e mesmo rebaixar ese nivel de protección.

Galicia conta na actualidade con algo máis de 90 mandas de lobos que o ano pasado atacaron máis de 2.800 reses, cos correspondentes custos para os gandeiros. Por iso, a comunidade considera que o estado do lobo non é desfavorable e agarda que o Goberno central rectifique a decisión de incluílo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) atendendo aos últimos datos dispoñibles para evitar que siga dificultando o equilibrio entre a especie e o sector gandeiro galego.

Alga asiática

Ángeles Vázquez aproveitou a ocasión para trasladar tamén a preocupación de Galicia pola presenza nas súas costas da alga asiática invasora Rugulopteryx okamurae, unha especie que comezou a aparecer hai anos noutras comunidades como Andalucía e que foi incluída a finais de 2020 no Catálogo español de especies exóticas invasoras. Nesta liña, destacou que se constatou a existencia desta especie nas rías da Coruña e Vigo e apelou á implicación de todas as institucións para atallar a súa proliferación.

A responsable autonómica lembrou que a Xunta trasladou esta cuestión o mes pasado ao Ministerio de Transición Ecolóxica e que xa existe unha estratexia nacional de control desta especie -aprobada en 2022- polo que pediu ao Goberno central que avance no seu desenvolvemento e aplicación. Neste sentido, lamentou que os movementos a nivel nacional se limitasen á elaboración dese plan e que non se materializasen en ningún tipo de actuación concreta no medio.

Ante esta situación, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático trasladou que o Executivo galego vai constituír un comité científico no que participarán distintos departamentos da Administración galega, entidades investigadoras, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o sector pesqueiro, grupo ao que a comunidade tamén convidará a representantes do Goberno central.

O obxectivo desta comisión de expertos será elaborar un plan de xestión da biomasa derivada desta especie e analizar os posibles impactos da súa expansión tanto económicos no sector pesqueiro como ecolóxicos para o medio ambiente, ao tratarse dunha posible ameaza para a biodiversidade dos fondos mariños.

Queixa

Durante o encontro Ángeles Vázquez tamén manifestou o descontento de Galicia e doutras comunidades pola tardanza do Executivo central en convocar a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente. Nesta liña, incidiu en que non se pode tardar nove meses en celebrar esta reunión coas comunidades autónomas e despois concentrar nunha única sesión 22 puntos da orde do día. Por iso, pediu seriedade para abordar cuestións que son de suma importancia para as comunidades autónomas e que non poden agardar tanto tempo para buscar posibles solucións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348124 {"title":"A Xunta urxe ao Goberno central a transferir os fondos cos que compensar e previr os danos do lobo para que Galicia non se vexa novamente penalizada","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106210-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"348124"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/348124-xunta-urxe-ao-goberno-central-transferir-os-fondos-cos-compensar-e-previr-os-danos-do-lobo-galicia-non-se-vexa-novamente-penalizada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.