O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa rehabilitación do Berbés e inicia a venda de dúas promocións de vivenda pública na zona alta do barrio

Imagen del artículo O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa rehabilitación do Berbés e inicia a venda de dúas promocións de vivenda pública na zona alta do barrio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración
  • Aprobada a adxudicación da reforma do edificio de Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2 e o proceso de venda de Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9

Vigo, 24 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, presidiu este mércores o comité executivo e o consello de administración do organismo autónomo no que aprobouse a adxudicación das obras dun novo edificio de Berbés e iniciouse o proceso de venda de dúas promocións de vivenda pública xa rematada na zona alta do barrio vigués (Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9).

O CCCV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia, aprobou a adxudicación da reforma do edificio situado no número 39 da Ribeira do Berbés, tamén con saída ao número 2 da rúa San Francisco, por un importe de 498.844,13 euros. "Cumprimos cos obxectivos fundacionais deste organismo co ánimo de contribuír á recuperación desta zona para a cidadanía e de proporcionar vivenda de promoción pública", sinalou Ana Ortiz.

A nova rehabilitación permitirá construír dúas vivendas de 90 e 106 metros cuadrados no Berbés, onde o CCVV xa adquiriu dez edificios permitindo a creación ata este momento de 6 vivendas, xa habitadas tras a súa adxudicación. A estas seis, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse agora as dúas do número 39.

Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos de Vigo, promovido pola Xunta de Galicia, no número 5. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, pendente aínda de rehabilitación.

Vivendas á venda no Casco Vello Alto

Por outra banda, o consello de administración aprobou o inicio do proceso de venda das vivendas de promoción pública de Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9. Na primeira o CCVV  investiu un total de 1,4 millóns, sumando a compra do inmoble e a adxudicación dos traballos. Esta última actuación supón a posta a disposición da cidadanía de 6 novas vivendas de protección autonómica, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.

Seis promocións con 22 vivendas

O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, conta cunha partida total de 1.780.065 euros tras o desbloqueo do PAIF do próximo exercicio 2024. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348121 {"title":"O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa rehabilitación do Berbés e inicia a venda de dúas promocións de vivenda pública na zona alta do barrio","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"348121"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/348121-consorcio-casco-vello-vigo-continua-coa-rehabilitacion-do-berbes-e-inicia-venda-duas-promocions-vivenda-publica-na-zona-alta-do-barrio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.