Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo

Imagen del artículo Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura participa na inauguración da novena parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías que percorre Galicia ata agosto
  • Ata o sábado están previstas máis de 40 propostas como presentacións, actividades infantís ou a sinatura de libros nas que participarán case unha vintena de escritores

Rianxo (A Coruña), 24 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da Feira do Libro de Rianxo, a novena parada do circuíto posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que este ano percorre 13 localidades ata o mes de agosto.

No acto de apertura, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a boa acollida destas feiras por parte da cidadanía que aproveita para coñecer e adquirir novidades. "Convido a todo o mundo a achegarse ata esta praza de Castelao para gozar da literatura e dos plans culturais organizados ao abeiro desta iniciativa ata o sábado", sinalou o director xeral de Cultura.

Neste senso, Anxo M. Lorenzo, agradeceu o traballo de todos os axentes implicados nesta cita e explicou que, en total, celebraranse máis de 40 actividades. "Inclúense desde presentacións, ata actividades infantís, obradoiros, recitais ou sinaturas de libros" indicou antes de engadir que se contará coa participación dunha vintena de escritores.

Calendario ata agosto

A Feira do Libro inclúese na campaña CulturON, o programa impulsado pola Xunta de Galicia que promove máis de 30 actividades culturais diarias este verán. Neste caso, a cita celébrase ata o sábado 24 na praza de Castelao e conta coa participación de 11 librarías.

Tras o seu paso por Rianxo, o calendario continuará ata agosto con paradas en A Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15 de agosto), Foz (do 16 ao 19 de agosto) e Monforte de Lemos (do 21 ao 24 de agosto).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348118 {"title":"Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"348118"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/348118-anxo-m-lorenzo-convida-gozar-da-cultura-na-feira-do-libro-rianxo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.