O padroado da Fundación Galicia Europa aborda as prioridades de Galicia no novo mandato da UE

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da FGE explicou o proceso de renovación das institucións europeas e os obxectivos que están a perfilarse para o período 2024-2029

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

O padroado da Fundación Galicia Europa (FGE) celebrou a súa reunión semestral, presidida polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da FGE, Jesús Gamallo, onde abordou as prioridades de Galicia no novo mandato da Unión Europea. Así, a entidade traballa actualmente nos obxectivos para a defensa dos intereses galegos ante a UE trala renovación do ciclo institucional que se iniciou en xuño coa celebración das eleccións europeas.

De particular interese para Galicia é o debate sobre o orzamento comunitario posterior ao 2027, dado que a Comisión está a revisar todas as partidas de gasto para facer unha proposta en menos dun ano. A FGE está a traballar para defender o valor engadido dos fondos procedentes da política rexional, que agora representan preto dun terzo dese orzamento. A posible revisión da Política Pesqueira Común, obxecto actualmente dunha consulta pública, e a aplicación da normativa europea recentemente adoptada, como o regulamento de Restauración da Natureza ou a directiva de Enerxías Renovables, son outras das prioridades da FGE.

Na reunión do padroado tivo lugar tamén a presentación e aprobación da súa memoria de actividades do 2023. Ao longo do ano pasado, como representación de Galicia ante as institucións europeas, a FGE asistiu a máis de 250 reunións en Bruxelas, prestou apoio á participación institucional en 22 reunións do Comité Europeo das Rexións e organizou sete reunións entre institucións europeas e a Xunta. Ademais, máis de mil persoas participaron nas actividades da FGE, como os encontros virtuais Xunta-UE ou o curso de especialización en financiamento comunitario "TecEuropa".

Fundación Galicia Europa

A FGE é un ente instrumental do sector público autonómico que, dende 1988, actúa como punta de lanza da participación galega nos asuntos europeos. A Lei 10/2021 reguladora da acción exterior de Galicia recolle o seu mandato para "exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado".

Os seus catro ámbitos de actuación son: a defensa dos intereses de Galicia ante a UE, a promoción da participación galega en proxectos europeos, a difusión de información sobre a UE en Galicia e a formación sobre as institucións comunitarias. Para a consecución destes obxectivos, a FGE conta con dúas oficinas, unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das máis de 200 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
347491 {"title":"O padroado da Fundación Galicia Europa aborda as prioridades de Galicia no novo mandato da UE","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105796-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"347491"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/347491-padroado-da-fundacion-galicia-europa-aborda-as-prioridades-galicia-novo-mandato-da-ue https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.