Román Rodríguez pon a Gradiant de exemplo de impacto económico e social coa creación de tres spin-offs

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Ciencia visita o centro tecnolóxico de telecomunicacións para coñecer os proxectos que está a desenvolver co apoio da Xunta
  • Destaca a súa participación no programa Ignicia de transferencia de coñecemento da Xunta con catro proxectos e dúas empresas creadas
  • O centro, que destaca nos eidos da ciberseguridade e das comunicacións avanzadas (5G-6G), incorpora áreas de especialización en tecnoloxías cuánticas e fotónicas.

Vigo, 23 de xullo de 2024

O titular de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia Gradiant, do que destacou o seu importante papel na transformación dos resultados da investigación en impacto real na economía e no emprego. De feito, o centro tecnolóxico xa ten creado tres spin-offs, dúas delas ao abeiro do programa Ignicia da Xunta de Galicia, que están xerando ingresos e creando emprego de alta cualificación.

Trátase das spin-offs Alice Biometrics, que ofrece unha solución de verificación de identidade remota baseada en intelixencia artificial, e Sense Aeronautics, que comercializa unha tecnoloxía propia de análise de vídeo que permite operacións con drons máis eficientes e seguras. Asemade, recibiu apoio a catro proxectos a través deste programa que apoia a chegada ao mercado dos resultados da investigación. Ignicia ten apoiado desde 2016 32 proxectos, a chegada ao mercado de 13 deles (10 spin-offs creadas e tres acordos coa industria), a creación de máis de 120 empregos e a captación de máis de 20M€ en investimentos e financiamento público-privado.

Ademais, o conselleiro, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, subliñou a relevancia do centro en ámbitos como a ciberseguridade ou as comunicacións avanzadas (5G-6G) e o seu potencial nas areas de tecnoloxías cuánticas e fotónicas. No ámbito da ciberseguridade, Gradiant participou en dúas unidades mixtas de investigación coas empresas Telefónica e GIC-TEL., esta última aínda en activo. Por outro lado, no terreo da cuántica, o titular de Ciencia salientou a súa especialización en hardware cuántico e a súa participación na Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, impulsada pola Xunta de Galicia.

Por último, lembrou o rol do centro tecnolóxico no impulso á competitividade industrial, a través da colaboración en proxectos como Facendo Plus, liderado por Stellantis, e apoiado pola Xunta de Galicia, con financiamento europeo, a través do programa Fábrica Intelixente e Sustentable. Así mesmo, apuntou a próxima adquisición e posta en marcha dunha infraestrutura de investigación e computación para a realización de actividades de I+D en tecnoloxías de alto impacto e con potencial de aplicación en diversos ámbitos, como as tecnoloxías cuánticas, a fotónica ou a intelixencia artificial, entre outras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
345490 {"title":"Román Rodríguez pon a Gradiant de exemplo de impacto económico e social coa creación de tres spin-offs","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105948-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"345490"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/345490-roman-rodriguez-pon-gradiant-exemplo-impacto-economico-e-social-coa-creacion-tres-spin-offs https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.