A Xunta e o concello de Boborás avalían o proxecto para mellorar as canalizacións de augas na Almuzara

Imagen del artículo A Xunta e o concello de Boborás avalían o proxecto para mellorar as canalizacións de augas na Almuzara

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O obxectivo é renovar as tubaxes de abastecemento, saneamento e pluviais nesta contorna da estrada N-541

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, acordaron avaliar vías de colaboración para levar a cabo o proxecto de mellora das canalizacións de abastecemento, saneamento e pluviais na contorna da travesía da Almuzara.

Durante unha reunión que mantiveron hoxe, a alcaldesa entregoulle á conselleira o proxecto municipal para levar a cabo esta actuación que resulta necesaria xa que a antigüidade da rede está provocando problemas de perdas e malos cheiros.

Así, segundo o documento proposto pola Administración municipal, nas dúas marxes da estrada N-541 instalaríanse novas tubaxes, así como os correspondentes pozos de rexistro, que se conectarían coa rede xa existente.

Ángeles Vázquez explicoulle a Patricia Torres que Augas de Galicia estudará a proposta municipal e reiteroulle que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Nesa liña, cómpre lembrar que ata o vindeiro mes de novembro permanece o prazo para que os concellos soliciten financiamento ao abeiro das ordes de axudas para auditorías de redes de saneamento para detección de filtracións e para obras de minimización de perdas de auga.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
345415 {"title":"A Xunta e o concello de Boborás avalían o proxecto para mellorar as canalizacións de augas na Almuzara","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"345415"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/345415-xunta-e-concello-boboras-avalian-proxecto-mellorar-as-canalizacions-augas-na-almuzara https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.