A Xunta continúa a súa cooperación cultural co Norte portugués coa terceira edición de 'Nortear'

Imagen del artículo A Xunta continúa a súa cooperación cultural co Norte portugués coa terceira edición de 'Nortear'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación deste terceiro proxecto transfronteirizo da Eurorrexión do que forma parte a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude 
  • No acto entregouse o premio da 9ª edición do certame de relato curto Nortear que recibiu o escritor melidense Vicente Vázquez

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá na presentación do novo proxecto Nortear, unha iniciativa "na que desde a Xunta seguimos moi involucrados polo gran intercambio cultural que supón entre os dous territorios, compartindo talento artístico e facilitando sinerxías no eido cultural", sinalou.

Ademais, tamén felicitou ao melidense Vicente Vázquez Vidal, gañador da 9ª edición do certame de relato curto Nortear destinado á mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O escritor e profesor universitario recibiu o premio pola obra Profundo sen nome.

A través deste terceiro proxecto, que vén de presentarse hoxe na Cidade da Cultura cun orzamento de 460.000€ para o período 2023-2026, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal e a Comisión de Coordinación e Desenvolvimento Rexional do Norte de Portugal continúan a colaborar promovendo diferentes actividades enfocadas no coñecemento mutuo da creación artística.

Neste senso, cómpre lembrar que a iniciativa foi concibida en 2015 como un ferramenta esencial para facilitar a cooperación entre creadores, artistas, cidadanía, comunidades, entidades culturais e todo tipo de público dos dous territorios que abrangue o proxecto ao redor da súa cultura.

O acto de hoxe finalizou coa mesa redonda A Cultura como oportunidade para a Eurorrexión, na que participaron a presidenta das Xuventudes Musicais do Eixo Atlántico, Andrea González; o escritor Manuel Andrade e o gañador de 2021 do premio Nortear, o escritor e xornalista Pedro Rodríguez.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
345408 {"title":"A Xunta continúa a súa cooperación cultural co Norte portugués coa terceira edición de 'Nortear'","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"345408"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/345408-xunta-continua-sua-cooperacion-cultural-co-norte-portugues-coa-terceira-edicion-nortear https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.